A cidade real aliméntase das reaccións producidas pola actitude dos seus cidadáns. Non somos actores pasivos dunha escena imposta, senón que modificamos e construímos directamente a nosa realidade; ésta que tan a cotío percibimos como establecida por outros e, polo tanto, allea.

A cidade real comprende, acepta e renova as linguaxes que definen tódolos seus ámbitos, cuestionando e revisando as solucións estandar e os conceptos establecidos como universais para resolver os problemas cotiás.

A cidade real é un remuíño de propostas. Cada un de nos ten en si un potencial ilimitado de renovación e mellora, tando do espacio urbano como das redes cas que interactuamos (redes sociais, culturais, dixitais,…)

A cidade real que imaxinamos é unha cidade activa, non no sentido das actividades convencionais, como o comercio ou o transporte; senon porque basea a súa renovación en modos de actuar participativos. Imaxinamos unha cidade que é quen de aprender, dun xeito positivo, a partires tanto dos acertos coma dos erros.

A cidade real non considera a beleza un concepto universal e inmutable. Adáptase ás estéticas de cada época e fuxe dos clichés aos que nos queren acostumbrar os medios de comunicación disimulando unha total falla de reflexión, a cambio de un canon de beleza e perfección.

A cidade real aproveita os recursos de que dispón, convencionais ou non, traballando con eles sen prexuizos, avaliando obxectivamente os resultados e poñéndoos ao servizo duns cidadáns que os demandamos e apreciamos.

A cidade real é a resposta ás dúvidas e necesidades que poidamos ter. Ofrécenos posibilidades ilimadas de coñecemento e realización persoal. Non existen disciplinas crípticas ou descifrables por uns poucos, polo que o coñecemento podémolo disfrutar, ampliar, correxir e mellorar. Por extensión, o cidadán é un inconformista, ávido de experiencias, e sempre consciente de que hai outros coma él, que forma parte de unha comunidade.

A cidade real garda un gran parecido coa ergosfera, lugar onde a característica máis importante é que o reposo non existe. Todo, absolutamente todo, está en constante movemento que entendemos como proceso de constante cambio e mellora. O inmovilismo non é válido, o bó ten data de caducidade.


Ergosfera, outubro de 2006



* Micro-intervención no evento "Diálogos cidadáns", un dos actos de conmemoración do 25º aniversario do Parlamento de Galicia, o que fomos invitados a participar coa lectura dun pequeno texto que debía tratar o tema da "cidade real".