ANEXO: Participación



Última actualización (Versión): 12/02/2018 (V.02)


 

1.- Datos cuantitativos sobre a participación nas actividades abertas



A continuación, compártense os datos documentados sobre as persoas que participaron nas cinco actividades principais desenvolvidas, os tres roteiros e os dous encontros abertos, dos que se poden ver as fotografías neste álbum de Flikr:


CO URBANISMO NOS TALÓNS / Actividades


Na seguinte táboa pódense consultar os datos cuntitativos de participación nos tres roteiros desenvolvidos:

 

Roteiros

Persoas da organización

Persoas que fixeron o percorrido de forma continua

Veciños e veciñas cos que nos reunimos nos lugares nos que se fixeron paradas comentadas

Nº total de participantes1

1º Roteiro

4

15

24

43

2º Roteiro

4

7

27

38

3º Roteiro

4

8

33

45

Total1

4

26

84

114

T.17.- Número de participantes nos roteiros

Táboa: Elaboración propia.

1 Nº total de participantes diferentes, é dicir, tendo en conta que houbo persoas que participaron en máis dun roteiro, polo que o resultado non ten porque coincidir coa suma da liña ou da columna correspondente.



Na seguinte táboa pódense consultar os barrios e lugares onde se contactou coas veciñanzas, e o número de persoas coas que se falou en cada caso, durante os tres roteiros desenvolvidos:

 

1º Roteiro

2º Roteiro

3º Roteiro

Penamoa (8)
A Pedra da Barca (5)
O Portiño / Porto de San Pedro (4)
A Fontenova (2)
A Silva de Abaixo (2)
San Xosé (2)
O Campanario (1)

Ramallos (9)
Agra dos Mallos (4)
O Martinete (4)
Orra (4)
A Cabana (2)
Agra de San Cristovo (2)
Marzán (2)

Monte Mero (9)
O Foxo / Agra do Foxo (7)
Eirís de Arriba (6)
Pedro Fernández (4)
A Pereiroa (3)
Pedralonga (3)
A Pasaxe (1)

T.18.- Barrios e lugares onde se contactou coas veciñanzas durante os roteiros

Táboa: Elaboración propia.

* Entre paréntese, o número de veciños e veciñas que participaron en cada unha das paradas comentadas.



Na seguinte táboa pódense consultar os datos cuntitativos de participación nos dous encontros desenvolvidos:

 

Encontros

Persoas da organización

Persoas invitadas aos diálogos cos saberes expertos, populares e institucionais

Persoas relacionadas co proxecto ou coas organizacións participantes

Veciños e veciñas da cidade

Nº total de participantes1

1º Encontro

6

3

0

41

50

2º Encontro

7

9

10

65

90

Total1

7

12

10

91

117

T.19.- Número de participantes nos encontros

Táboa: Elaboración propia.

1 Nº total de participantes diferentes, é dicir, tendo en conta as persoas contabilizadas en dous lugares (porque nun mesmo encontro desenvolveron dous "funcións" ou porque participaron nos dous encontros), polo que o resultado non ten porque coincidir coa suma da liña ou da columna correspondente.



Ademais de contabilizar o número de persoas participantes nas cinco actividades principais desenvolvidas, nos dous encontros deuse a opción de cubrir unha ficha moi sinxela para poder evaluar o proceso e dispor dunha forma de contacto cos veciños e veciñas que desexasen ser informados das seguintes actividades ou avances do proxecto.


Ficha repartida nos encontros #CoUrbanismoNosTalóns
Imaxe: Elaboración propia
Descarga: Ficha (x4) A4 / PDF / 1,5 MB


A ficha constaba dos seguintes apartados:

 

Cara dianteira

1.- Como te chamas? / Como che chaman?

Nome e apelidos, só nome ou alcume.

2.- Onde vives?

Barrio ou lugar.

3.- A vivenda onde resides está directamente afectada polo PXOM? é dicir, o planeamento vixente contempla a súa eliminación por un desenvolvemento urbanístico?

SI, sei con certeza que a miña vivenda é unha das afectadas.

NON SEI, teño dúbidas de se a miña vivenda está afectada ou non.

NON, sei con certeza que a miña casa non está afetcada, estou aquí por outros motivos.

Cara traseira

4.- Ao remate, agradeceriamos a devolución desta ficha cuberta, xa que entendemos de gran valor documentar os barrios e lugares dos que vindes quen participastes do encontro.

5.- Se queres ter información do próximo encontro, dos avances da páxina web e da xornada de devolución do documento síntese deste proxecto, deixade aquí un contacto (mail preferiblemente, mais tamén pode ser un teléfono ou un enderezo).

T.20.- Contidos da ficha repartida nos encontros

Táboa: Elaboración propia.



No primeiro encontro, no que participaron 41 veciños e veciñas, e onde parte da metodoloxía da xornada tivo relación coas fichas, cubríronse 33 delas. No segundo encontro, no que participaron 65 veciños e veciñas (dos que 15 xa estiveran no primeiro encontro e non se lles pediu que cubrisen a ficha de novo), e onde desde a organización non incidimos suficientemente no tema, cubríronse só 26 fichas. Así pois, achegaron a ficha un total de 59 persoas, o 65% dos 91 veciños e veciñas participantes nos encontros. A decisión de non ser demasiado insistentes co tema das fichas tiña como obxectivo non formalizar en exceso estes primeiros encontros da comunidade nin violentar ás veciñanzas coa recollida de datos, mais é necesario dicir que isto tivo como consecuencia non dispor agora dunha documentación básica sobre todas as persoas participantes.

Os resultados das respostas á segunda e á terceira pregunta da ficha foron os seguintes:

 

Pregunta 3.- A vivenda onde resides está directamente afectada polo PXOM? é dicir, o planeamento vixente contempla a súa eliminación por un desenvolvemento urbanístico?

Encontros

Nº total de fichas cubertas1

SI, sei con certeza que a miña vivenda é unha das afectadas

NON SEI, teño dúbidas de se a miña vivenda está afectada ou non

NON, sei con certeza que a miña casa non está afetcada, estou aquí por outros motivos

Non contesta

1º Encontro

33 (41)

12 (36%)

15 (45%)

4 (12%)

2 (6%)

2º Encontro

26 (65)

9 (35%)

3 (12%)

10 (38%)

4 (15%)

Total

59 (91)

21 (36%)

18 (30%)

14 (24%)

6 (10%)

Pregunta 2.- Onde vives?

Barrios e lugares onde viven as persoas participantes nos encontros (segundo á resposta á pregunta anterior)2

Penamoa (4)
A Pereiroa - Elviña (3)
Marzán (3)
Pedro Fernández (2)
Agra dos Mallos (1)
A Silva de Abaixo (1)
A Silva de Arriba (1)
Eirís de Arriba (1)
Loureiro (1)
Monte Alto (1)
Monte Mero (1)
Pedra da Barca (1)
Non contesta (1)

O Martinete (4)
Cances (3)
Marzán (3)
Penamoa (3)
A Moura (1)
A Silva de Abaixo (1)
Fontaíña (1)
O Foxo (1)
Non contesta (1)

Os Mallos (2)
A Canteira de Eirís (1)
Agra do Orzán (1)
A Silva (1)
As Revoltas (1)
Barrio das Flores (1)
Monelos (1)
Monte Alto (1)
O Ventorrillo (1)
Palavea (1)
Peixaría (1)
Someso (1)
Zalaeta (1)

Eirís de Arriba (1)
Palavea (1)
Pedra da Barca (1)
Penamoa (1)
San Pedro de Visma (1)
Non contesta (1)

T.21.- Situación urbanística e lugar de residencia das persoas participantes nos encontros

Táboa: Elaboración propia.

1 Entre paréntese, o número total de veciños e veciñas participantes.
2 Entre paréntese, o número de veciños e veciñas de cada un dos barrios e lugares.



Como se pode observar, dous tercios das persoas que participaron e cubriron a ficha nos encontros (exactamente o 66%) saben con certeza ou teñen dúbidas sobre se a súa vivenda está afectada por algún dos plans urbanísticos contemplados no PXOM. Entre as veciñanzas que se atopan nesta situación, as máis representadas nestas dúas xornadas foron as de Penamoa, Marzán, O Martinete, A Pereiroa (Elviña), Cances, Pedro Fernández e A Silva de Abaixo.

Co obxectivo de que a comunidade de aprendizaxe poida partir dun coñecemento exhaustivo das veciñanzas contactadas durante esta primeira fase de impulso, na seguinte táboa pódese consultar a listaxe dos 70 barrios e lugares afectados polo PXOM en relación ás persoas participantes nas cinco actividades principais desenvolvidas:

 

Barrios e lugares1 afectados

Nº de vivendas2 afectadas

Nº de veciños e veciñas participantes nas actividades abertas3

1º Roteiro

2º Roteiro

3º Roteiro

1º Encontro

2º Encontro

A Artística

8

-

-

-

-

-

A Cabana

6

-

2

-

-

-

A Canteira de Eirís

8

-

-

-

-

1

A Falperra / Gurugú

3

-

-

-

-

-

A Felga (Elviña)

3

-

-

-

-

-

A Fontenova

8

2

-

-

-

-

A Gouxa (Visma)

1

-

-

-

-

-

A Gramela4

6

-

-

-

-

-

A Moura

18

-

-

-

1

-

A Pasaxe

29

-

-

1

-

-

A Pedra da Barca

11

5

-

-

2

-

A Pereiroa (Elviña)

4

-

-

3

3

-

A Silva de Abaixo

21

2

-

-

2

-

A Silva de Arriba

14

-

-

-

1

1

Agra de San Amaro

1

-

-

-

-

-

Agra de San Cristovo

3

-

2

-

-

-

Agra do Orzán

1

-

-

-

-

-

Agra dos Mallos

8

-

4

-

1

-

Agramonte (Castrillón)

9

-

-

-

-

-

As Atochas

17

-

-

-

-

-

As Xubias de Abaixo

6

-

-

-

-

-

As Xubias de Arriba

19

-

-

-

-

-

Cadaveiras (Someso)4

7

-

-

-

-

-

Casabranca

5

-

-

-

-

-

Castrillón

16

-

-

-

-

-

Castro (Elviña)

2

-

-

-

-

-

Catro Ventos (Visma)

3

-

-

-

-

-

Curramontes

2

-

-

-

-

-

Eirís de Abaixo

1

-

-

-

-

-

Eirís de Arriba

9

-

-

6

-

2

Fontaíña (Palavea)

17

-

-

-

1

-

Grupo de vivendas Juan Canalejo

6

-

-

-

-

-

Lagar de Castro (Elviña)

1

-

-

-

-

-

Leira do Campo (Monte das Moas)

5

-

-

-

-

-

Loureiro (Visma)

6

-

-

-

-

1

Marzán

12

-

2

-

6

-

Meicende

≈ 395

-

-

-

-

-

Mesoiro

1

-

-

-

-

-

Monte de San Pedro

3

-

-

-

-

-

Monte Mero

12

-

-

9

-

1

O Birloque

3

-

-

-

-

-

O Campanario

≈ 78

1

-

-

-

-

O Coidal (Visma)

2

-

-

-

-

-

O Corgo (Castrillón)

14

-

-

-

-

-

O Curro (Palavea)

3

-

-

-

-

-

O Foxo / Agra do Foxo

14

-

-

7

-

1

O Martinete

17

-

4

-

4

-

O Petón

≈ 142

-

-

-

-

-

O Polvorín

3

-

-

-

-

-

O Portiño

18

1

-

-

-

-

Orra

8

-

4

-

-

-

Os Castros

21

-

-

-

-

-

Os Pichoutos (San Cristovo das Viñas)

2

-

-

-

-

-

Pedralonga

8

-

-

3

-

-

Pedro Fernández

4

-

-

4

-

2

Pedroso

5

-

-

-

-

-

Penamoa

28

8

-

-

4

4

Peruleiro

20

-

-

-

-

-

Poboado da Pasaxe

≈ 20

-

-

-

-

-

Poboado das Rañas

≈ 28

-

-

-

-

-

Porto de San Pedro de Visma (O Portiño)

≈ 16

3

-

-

-

-

Pradeira (Comeanda)

4

-

-

-

-

-

Ramallos (Mesoiro)

7

-

9

-

-

-

Río de Quintas

2

-

-

-

-

-

San Cristovo das Viñas

1

-

-

-

-

-

San Vicenzo de Elviña

2

-

-

-

-

-

San Xosé

5

2

-

-

-

-

Santa María de Oza

3

-

-

-

-

-

Someso

2

-

-

-

-

1

Vidueiros / Altamira

2

-

-

-

-

-

T.22.- Veciñanzas dos barrios e lugares afectados que participaron nalgunha das actividades abertas

Táboa: Elaboración propia.

1 Os topónimos empregados proveñen maioritariamente do Mapa dos barrios da Coruña (Concello da Coruña, 2016), con algunhas correccións e topónimos engadidos tras o traballo de campo realizado. En letra grosa aparecen remarcados os barrios e lugares dos que polo menos un veciño ou veciña participou nalgunha das actividades.
2 O número de vivendas afectadas refírese ás vivendas habitadas ou habitables que o PXOM da Coruña de 2013 contempla eliminar. A partir da identificación de todas as edificacións afectadas por unha figura urbanística na que se formula a súa eliminación, contabilizáronse as vivendas totais mediante unha mestura de traballo de campo, análise a través de Google Street View e consulta da documentación catastral dispoñible na Sede Electrónica del Catastro. Esta metodoloxía permite supoñer unha gran precisión dos resultados no caso das vivendas unifamiliares, algo menor para as edificacións de vivenda colectiva, e moito máis aproximativa nos lugares que non contan con información catastral.
3 Se ben nos roteiros o número de persoas contabilizadas é exacto, nos encontros só aparecen representadas as persoas que cubriron a ficha, polo que non se contabilizaron nin as 15 persoas que participaron nos dous encontros (que só aprecen reflectidas no primeiro), nin as persoas que respostaron que vivían noutros barrios e lugares non afectados polo PXOM. Con fondo azul aparecen remarcados os barrios e lugares onde se realizaron as paradas comentadas dos roteiros e onde se desenvolveron os encontros.
4 Barrios e lugares dos que non participou ningunha persoa nas actividades, pero cos que se mantivo contacto durante o traballo de campo previo aos roteiros.



Como se pode observar na táboa, só se conseguiu interpelar directamente a 30 dos 70 barrios e lugares afectados, o 43%. Menos aínda, se temos en conta o número de vivendas afectadas en cada un deles, xa que eses 30 barrios representan un total de 404 vivendas, o 34% das 1.189 identificadas.

Quedan, polo tanto, máis da metade dos barrios e lugares afectados sen contactar directamente nesta fase do proceso. É significativo que, aínda que as actividades se difundiron a través das redes sociais e os medios de comunicación convencionais, practicamente só participaron nelas as veciñanzas dos barrios nos que se fixo un traballo de campo previo: só dúas persoas residentes noutros dos lugares afectados asistiron aos encontros. Dada a importancia que tivo esta metodoloxía de traballo nos resultados desta pequena avaliación da participación veciñal, a continuación explicase brevemente en que consistiu.



 

2.- Traballo de campo e difusión previa ás actividades



O traballo de campo previo ás actividades públicas consistiu na visita a todos os barrios e lugares afectados nos que estaba programada unha parada comentada durante os roteiros. Nunha primeira rolda, percorréronse estes lugares tomando datos para completar as análises cartográficas e entablando conversacións informais coas veciñanzas que se atopaban na rúa.

Nunha segunda fase, xa nos días previos a cada un dos roteiros, falouse coas veciñanzas das vivendas afectadas identificadas, explicándolles brevemente o proxecto, deixándolles un folleto coa información sobre as actividades formuladas, e emprazándoos á hora aproximada á que pasaría o roteiro polo seu barrio, para que se uniran e compartiran a súa opinión sobre os plans urbanísticos contemplados no PXOM (que serían introducidos pola organización). Ademais, nestas visitas colocáronse carteis informativos nas rúas co percorrido dos roteiros e os horarios aproximados de paso por cada un destes lugares.

Por último, nunha terceira e cuarta rolda, volvéronse visitar todos estes lugares para colocar carteis e repartir folletos informativos dos encontros nos días previos á celebración de cada un deles. Nestas últimas visitas, xa só se mantiveron conversacións casuais coas veciñanzas coas que xa se mantiveran contactos previos e coas que mostraban curiosidade polos carteis.

Por outra parte, como se comentou anteriormente, ademais destas visitas aos barrios e lugares afectados, tamén se fixo difusión das actividades a través das redes sociais dixitais (Twitter e Facebook) e dos medios de comunicación convencionais. Unha forma de comunicación que, se ben funcionou para informar ás persoas que participaron nas actividades polo seu interese no urbanismo ou na cidade, non o fixo para interpelar ao resto de veciñanzas afectadas polo PXOM que non houbo posibilidade de visitar nesta primeira fase de impulso da comunidade de aprendizaxe.

No apartado documentación do proceso pódense consultar máis polo miudo as datas e lugares visitados como parte do traballo de campo, así como a difusión do proxecto a través de Twitter e as novas nos xornais.