1º Roteiro: San Xosé - O Portiño



Última actualización (Versión): 15/11/2017 (V.01)



O primeiro roteiro desenvolverase o sábado 28 de outubro de 2017 (a partir das 10:30h) na zona norte do municipio, entre San Xosé e O Portiño.



Cartel do primeiro roteiro #CoUrbanismoNosTalóns: San Xosé - O Portiño
Imaxe: Elaboración propia, sobre a ortofotografía do PNOA (2014) e a cartografía catastral (2015)
Descarga: Cartel A2 / PDF / 9,7 MB



O percorrido será o definido no cartel e na seguinte táboa, mais os horarios son aproximados, xa que dependerán da intensidade das conversas que se poidan xerar coas veciñanzas dos lugares visitados.


Saída Parada de bus "Refinería" (Liña 6)
Estrada AC-415, S/N (San Xosé)
OpenStreetMap  |  Google Street View
10:30h
1ª parada San Xosé (estrada AC-415) ≈ 10:40h
2ª parada A Moura (avenida de Finisterre, a carón do almacén de "Patatas Gómez") ≈ 10:55h
3ª parada A Fontenova (avenida de Finisterre, a carón do restaurante "O recodo da Grela") ≈ 11:05h
4ª parada A Silva de Abaixo (avenida de Finisterre) ≈ 11:20h
5ª parada A Silva de Arriba (ao norte do Centro Cívico A Silva) ≈ 11:35h
6ª parada Penamoa (ao sur do núcleo, a carón da canteira de Mesejo) ≈ 11:50h
7ª parada A Gramela (camiño de Visma á Gramela) ≈ 12:05h
8ª parada Loureiro (rúa Loureiro, San Pedro de Visma) ≈ 12:25h
9ª parada Catro Ventos (rúa Catro Ventos, San Pedro de Visma) ≈ 12:35h
10ª parada A Pedra da Barca (encontro entre as estradas do Portiño e dos Fortes) ≈ 12:45h
11ª parada O Campanario (a carón do busto ao padre Villa) ≈ 13:00h
12ª parada O Portiño (a carón do bar "O Portiño", Monte de San Pedro) ≈ 13:25h
13ª parada O Portiño (a carón do peirao, Porto de San Pedro de Visma) ≈ 13:50h

T.4.01.- Percorrido, paradas e horarios aproximados programados para o primeiro roteiro
Táboa: Elaboración propia.






Crónica pos-roteiro



Neste primeiro roteiro participamos 19 persoas de forma máis e menos continua ao longo do percorrido (catro delas da organización), e reunímonos con 24 veciños e veciñas nos lugares nos que fomos facendo paradas comentadas. O percorrido final foi o definido a continuación (mapa e táboa):





Paradas Lugares Nº de veciñxs participantes
1ª parada San Xosé (estrada AC-415) 2
2ª parada A Moura (avenida de Finisterre, a carón do almacén de "Patatas Gómez") 0
3ª parada A Fontenova (avenida de Finisterre, a carón do restaurante "O recodo da Grela") 2
4ª parada A Silva de Abaixo (avenida de Finisterre) 2
5ª parada A Silva de Arriba (ao norte do Centro Cívico A Silva) 0
6ª parada Canteira de Mesejo (rúa Lugar Penamoa) 0
7ª parada Penamoa (rúa Lugar Penamoa, ao sueste do núcleo) 8
8ª parada A Gramela (camiño de Visma á Gramela) 0
9ª parada Loureiro (rúa Loureiro, San Pedro de Visma) 0
10ª parada A Pedra da Barca (estrada dos Fortes) 0
11ª parada A Pedra da Barca (encontro entre as estradas do Portiño e dos Fortes) 5
12ª parada O Campanario (a carón do busto ao padre Villa) 1
13ª parada O Portiño (a carón do bar "O Portiño", Monte de San Pedro) 1
14ª parada O Portiño (a carón do peirao, Porto de San Pedro de Visma) 3
TOTAL 24

T.4.02.- Percorrido, paradas e número de veciños e veciñas participantes no primeiro roteiro
Táboa: Elaboración propia.




Como mostra do ambiente vivido e dos territorios atravesados, quedan recompilados a seguir os tweets realizados durante este primeiro roteiro: