2º Roteiro: O Martinete - Agra dos Mallos



Última actualización (Versión): 15/11/2017 (V.01)


 

1.- Información previa



O segundo roteiro desenvolverase o sábado 4 de novembro de 2017 (a partir das 10:30h) na zona centro do municipio, entre O Martinete e a Agra dos Mallos.


Cartel do segundo roteiro #CoUrbanismoNosTalóns: O Martinete - Agra dos Mallos
Imaxe: Elaboración propia, sobre a ortofotografía do PNOA (2014) e a cartografía catastral (2015)
Descarga: Cartel A2 / PDF / 8,5 MB



O percorrido será o definido no cartel e na seguinte táboa, mais os horarios son aproximados, xa que dependerán da intensidade das conversas que se poidan xerar coas veciñanzas dos lugares visitados.

 
Saída Parada de bus "Pocomaco, O Martinete" (Liñas 21 e 23A)
Estrada DP-0512, S/N (O Martinete)
OpenStreetMap  |  Google Street View
10:30h
1ª parada O Martinete (entre As Rañas e Pocomaco, a carón da estrada AC-14) ≈ 10:35h
2ª parada Ramallos (ao sur da avenida García Sabell) ≈ 10:55h
3ª parada Ramallos (ao norte da avenida García Sabell) ≈ 11:05h
4ª parada O Martinete (zona sureste do núcleo, a carón da estrada DP-3004) ≈ 11:25h
5ª parada Cadaveiras (encontro entre a rúa Lamelas e a estrada DP-3004) ≈ 11:40h
6ª parada A Cabana (estrada DP-3004, fronte ao mesón "O'Pendello") ≈ 11:55h
7ª parada O Martinete (estrada DP-0512, fronte ao edificio "Residencial El Birloque") ≈ 12:10h
8ª parada O Martinete (entre as naves do complexo industrial e terciario "Droga Conde") ≈ 12:25h
9ª parada Orra (rúa Blanco White, a carón da avenida de Enrique Salgado Torres) ≈ 12:50h
10ª parada Marzán (rúa Blanco White, a carón da avenida do Ferrocarril) ≈ 13:05h
11ª parada Agra de San Cristovo (avenida do Ferrocarril, fronte ao edificio "Trébole") ≈ 13:20h
12ª parada Agra dos Mallos (rúa Agra dos Mallos) ≈ 14:00h
13ª parada Agra dos Mallos (esquina da avenida dos Mallos coa rúa Puerto Rico) ≈ 14:15h

T.12.- Percorrido, paradas e horarios aproximados programados para o segundo roteiro

Táboa: Elaboración propia.




 

2.- Crónica posterior



Neste segundo roteiro participamos 11 persoas de forma máis e menos continua ao longo do percorrido (catro delas da organización), e reunímonos con 27 veciños e veciñas nos lugares nos que fomos facendo paradas comentadas. Pódese consultar unha información máis detallada sobre os datos de participación no Anexo: Participación. Por outra parte, o percorrido final do roteiro foi o definido a continuación (mapa e táboa):




 
Paradas Lugares Nº de veciñxs participantes
1ª parada O Martinete (entre As Rañas e Pocomaco, a carón da estrada AC-14) 2
2ª parada Ramallos (ao sur da avenida García Sabell) 4
3ª parada Ramallos (ao norte da avenida García Sabell) 5
4ª parada Cadaveiras (encontro entre a rúa Lamelas e a estrada DP-3004) 0
5ª parada A Cabana (estrada DP-3004, fronte ao mesón "O'Pendello") 2
6ª parada O Martinete (estrada DP-0512, fronte ao edificio "Residencial El Birloque") 0
7ª parada O Martinete (entre as naves do complexo industrial e terciario "Droga Conde") 2
8ª parada Orra (rúa Blanco White, a carón da avenida de Enrique Salgado Torres) 4
9ª parada Marzán (rúa Blanco White, a carón da avenida do Ferrocarril) 2
10ª parada Agra de San Cristovo (avenida do Ferrocarril, fronte ao edificio "Trébole") 2
11ª parada Agra dos Mallos (rúa Agra dos Mallos) 4
12ª parada Agra dos Mallos (esquina da avenida dos Mallos coa rúa Puerto Rico) 0
TOTAL 27

T.13.- Percorrido, paradas e número de veciños e veciñas participantes no segundo roteiro

Táboa: Elaboración propia.




Como mostra do ambiente vivido e dos territorios atravesados neste segundo roteiro pódense ver as fotografías realizadas durante o seu desenvolvemento, neste álbum de Flikr, e quedan recompilados a seguir os tweets publicados: