Aféctache directamente a presión urbanística?



Última actualización (Versión): 20/02/2018 (V.03)



Para comprobar se unha parcela habitada ou habitable (cunha vivenda en bo estado no seu interior) está situada nun ámbito que o actual PXOM da Coruña propón transformar, pódese consultar o seguinte mapa ou a listaxe de lugares afectados exposta a continuación.

Seleccionando cada un dos lugares sinalados no mapa ou na listaxe, accédese á información básica sobre o proceso urbanístico que lle afecta, así como a ligazón á súa ficha urbanística, o documento do PXOM onde se describen as súas características básicas.





Esta cartografía non ten valor oficial, xa que é un dos produtos da investigación realizada para este proxecto (concretamente, provén deste estudo). Para estar seguro da situación urbanística dunha parcela ou vivenda en concreto, podes solicitar un informe (sen custo) ou un certificado (pagando unha tasa) na Oficina de Información e Rexistro de Urbanismo do Concello da Coruña (Praza Indalecio Prieto 1 e 3, Monte Alto).

Toda a documentación do PXOM da Coruña de 2013, tanto no formato do documento orixinal como desde visores cartográficos en liña, pode ser consultada e descargada na páxina web do Concello da Coruña, aquí. Máis específicamente, a documentación da última versión do texto refundido (de maio de 2013) está accesible aquí.


* As fontes da información utilizada para realizar a cartografía dixital pódense consultar aquí. Por outra parte, as fichas urbanísticas que se poden descargar desde o visor cartográfico foron recompiladas desde varias fontes, xa que en boa resolución non se atoparon agrupadas en ningún lugar. A maioría delas foron descargadas desde o visor Plan Xeral de Ordenación Municipal 2013 e outras desde o visor PGOM 2013 Desarrollo. As que non se atoparon nestas dúas fontes en boa resolución forón directamente descargadas do documento de fichas urbanísticas do PXOM, xa cunha resolución moito menor.



Que podes facer se é o caso?



Se a parcela consultada se atopa entre as identificadas na cartografía como unha das directamente afectadas polo PXOM, podes facer varias cousas:

  • Consultar os distintos apartados desta páxina web, onde atoparás información sobre os estudos realizados, as actividades públicas programadas e toda a documentación producida como parte do proxecto Co urbanismo nos talóns, unha iniciativa que busca impulsar unha comunidade de aprendizaxe e práctica arredor dos territorios habitados da Coruña que o urbanismo vixente propón transformar.

  • Se estás a ler isto antes de decembro de 2017, pode que aínda esteas a tempo de participar nalgunha das actividades formuladas para impulsar esta comunidade, concretamente nas dúas xornadas de encontro que se desenvolverán o venres 24 de novembro e o sábado 16 de decembro.

  • Continuar a informarte pola túa conta. A partir da información da ficha urbanística da figura de planeamento que afecta á parcela consultada, a continuación recompílanse as fontes onde podes profundizar na definición e explicación dos datos que contén devandita ficha.



Lectura das fichas urbanísticas



As fichas urbanísticas conteñen a seguinte información:

  • No encabezado superior, a denominación da figura urbanística.

  • No lado esquerdo e ocupando a maior parte da páxina, unha cartografía da ordenación urbanística formulada, que pode ser máis ou menos detallada e vinculante segundo o tipo de figura urbanística.

  • No lado dereito, un cadro de texto cos datos urbanísticos fundamentais, e que pode conter os seguintes apartados:

    • Ámbito. Descrición do emplazamento do ámbito de transformación na que se inclúe a clasificación do solo e a superficie total do sector.

    • Obxectivos. Finalidade da delimitación do plan.

    • Condicións de ordenación, edificación e uso. Usos previstos, normas zonais, tipoloxías edificatorias e superficie edificable total.

    • Previsión de dotacións públicas. Superficies de sistemas locais e xerais.

    • Condicións de xestión e execución. Especificación da iniciativa do desenvolvemento, a área de reparto, o sistema de actuación e as posibles condicións particulares.

    • Planeamento básico da área (só no caso das API). Referencia do planeamento orixinal aprobado.

    • Desenvolvementos e/ou modificacións (só no caso das API). Referencia das modificacións puntuais aprobadas con posterioridade.

    • Determinacións complementarias do PXOM de 2013 (só no caso das API). Axustes que o novo plan xeral incorpora ao planeamento anterior.

    • Custos (só no caso das Accións). Custo do solo e do proxecto e a execución.


Neste apartado iránse recompilando as ligazóns a toda a información necesaria para profundizar na lectura dos datos das fichas urbanísticas. Neste primeiro momento, iníciase coas figuras urbanísticas, a clasificación do solo e os sistemas de actuación:


FIGURAS URBANÍSTICAS

Figura

Información complementaria á ficha urbanística

Normas urbanísticas do PXOM da Coruña de 2013

Estratexia de actuación e estudo económico do PXOM da Coruña de 2013

Solo Urbanizable Delimitado (SUD)

Arts. 3.3.1 e 3.3.6 - 3.3.11

Sec. C

Sistema Xeral Adscrito a SUD (SGA SUD)

Arts. 3.5.1 - 3.5.4

Sec. C

Solo Urbanizable en Réxime Transitorio (SURT)

Arts. 3.3.1 e 3.3.3 - 3.3.5

-

Sistema Xeral Adscrito a SURT (SGA SURT)

Arts. 3.5.1 - 3.5.4

-

Plan Especial de Mellora e Desenvolvemento (PEMD)

Arts. 1.2.2 e 3.2.9 - 3.2.13

Sec. C

Plan Especial de Transformación (PET)

Arts. 1.2.2 e 3.2.9 - 3.2.13

Sec. C

Plan Especial / Plan Especial de Reforma Interior (PE)

Arts. 1.2.2 e 3.2.9 - 3.2.13

Sec. C

Sistema Xeral Adscrito a PE (SGA PE)

Arts. 3.5.1 - 3.5.4

Sec. C

Polígono / Polígono de Execución (POL)

Arts. 1.3.3 e 3.2.14 - 3.2.16

Sec. C

Área de Planeamento Incorporado (API)

Arts. 3.2.5 - 3.2.8

-

Accións (EG, EL, IG, QG, QL, VG e VL)

-

Secs. B e C





CLASIFICACIÓN DO SOLO

Clase

Subclase

Información complementaria á ficha urbanística

Normas urbanísticas do PXOM da Coruña de 2013

Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia

Urbano

Consolidado (SUC)

Arts. 3.1.1 e 3.2.1 - 3.2.4

Arts. 16 - 22

Non Consolidado (SUNC)

Arts. 3.1.1 e 3.2.1 - 3.2.4

Arts. 16 - 22

Urbanizable

Delimitado (SUD)

Arts. 3.1.1, 3.3.1 - 3.3.2 e 3.3.6 - 3.3.11

Arts. 27 - 30

Réxime Transitorio (SURT)

Arts. 3.1.1 e 3.3.1 - 3.3.5

Arts. 27 - 30

Rústico

Réxime Xeral (SR)

Arts. 3.1.1 e 3.4.1 - 3.4.10

Arts. 31 - 40

Especialmente Protexido (SREP)

Arts. 3.1.1, 3.4.1 e 3.4.11 - 3.4.16

Arts. 31 - 40





SISTEMAS DE ACTUACIÓN

Tipo

Sistema

Información complementaria á ficha urbanística

Normas urbanísticas do PXOM da Coruña de 2013

Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia

Directo

Expropiación

Art. 1.3.4

Arts. 111 - 115 e 117 - 119

Cooperación

Art. 1.3.4

Arts. 111 - 116

Indirecto

Compensación

Art. 1.3.4

Arts. 111 - 115 e 122 - 128

Concerto

Art. 1.3.4

Arts. 111 - 115 e 120 - 121