A primeira fase do proxecto rematará coa conformación da comunidade de aprendizaxe e práctica, que, aínda que se centrará nas veciñanzas afectadas, estará participada neste primeiro impulso polos seguintes axentes:
Veciñanzas afectadas pola presión urbanística do PXOM da Coruña de 2013. O conxunto das persoas e comunidades para as que os desenvolvementos urbanísticos previstos no PXOM poden supoñer un problema directo, e que serán identificadas a partir dun estudo urbanístico e cartográfico, así como de traballo de campo.
Todas estas persoas e organizacións formarán parte deste primeiro impulso da comunidade a través da súa participación nas actividades públicas programadas no proxecto: tres roteiros e dúas xornadas de encontro.