Persoas expertas e con coñecementos técnicos sobre o territorio da Coruña desde as perspectivas social, legal e urbanística



Última actualización (Versión): 15/11/2017 (V.01)



Tres persoas invitadas polo seu coñecemento do territorio da Coruña e a súa vinculación a disciplinas e experiencias que poden achegar moito ao entendemento, tanto dos valores destes lugares, como do marco urbanístico, legal e social onde se formulan o seus futuros posibles.

 
Carlos Diz Reboredo Vilagarcía de Arousa, 1984

  • Licenciado en Socioloxía (Universidade da Coruña, 2007) e Doutor en Antropoloxía Social e Cultural (UDC, 2016), coa tese de doutoramento: "Políticas y tácticas del cuerpo: retablos de la ciudad activista".

  • Investigador en antropoloxía urbana, antropoloxía política e antropoloxía do corpo, estudando os activismos contemporáneos desde o entrecruzamento e a interconexión destes tres eixes principais.

  • Experiencia na realización de traballo de campo etnográfico en distintos países europeos e investigador visitante na Université de Bordeaux.

  • Entre as súas últimas publicacións pódense destacar en relación a este proxecto as seguintes: "La ciudad narrada: revuelta y semántica del conflicto urbano" (2017), "Miedo-ambiente: del urbanismo disciplinario, la sociedad de control y sus indignados" (2017), "Escuelas de democracia y 15M: participación, redes, ensayos" (2016), "Objetos tirados, objetos sagrados: reapropiación tecnológica de la bicicleta" (2016) ou "La imaginación de lo público: repensar la ciudad desde una acampada del 15M" (2013).

  • Participou en diferentes movementos, colectivos e centros sociais da cidade, desde a Masa Crítica ou o 15M, ata Stop Desafiuzamentos.

Invitado polo seu coñecemento e experiencia na análise de movementos e colectivos sociais (desde dentro e desde fóra, e a nivel local e global) xurdidos a partir dun obxectivo compartido, unha cuestión de gran relevancia para contextualizar e pensar desde os saberes acumulados a conformación da comunidade de aprendizaxe e práctica que aspira a impulsar este proxecto.


 
María José Domínguez Rivas A Coruña, 1978

  • Licenciada en Dereito (Universidade da Coruña, 2003) e Mestrado en Dereito de Familia (Universitat Autònoma de Barcelona, 2004).

  • Avogada autónoma e colaboradora en diferentes despachos na Coruña e Barcelona (2002-Actualidade). Traballo no Turno de Oficio (2008-actualidade).

  • Activista e colaboradora de Stop Desafiuzamentos A Coruña (2012-2015).

  • Avogada dun grupo de veciños e veciñas de San Vicenzo de Elviña afectados polo desenvolvemento do Plan Parcial "Parque Ofimático" (2013-actualidade).

Invitada pola súa experiencia na defensa das veciñanzas afectadas polo proceso urbanístico máis complexo e dramático dos desenvolvidos nas últimas décadas na Coruña, o caso do Plan Parcial "Parque Ofimático", o que lle permitirá compartir os seus coñecementos sobre os tempos, os instrumentos e os recursos necesarios que conlevan os procesos de loita contra o urbanismo vixente na Coruña desde a perspectiva legal.


 
Enrique Seoane Prado Oza dos Ríos, 1958

  • Arquitecto (Universidade da Coruña, 1984) e Doutor en Arquitectura (UDC, 2013), coa tese de doutoramento: "A ría como soporte da construcción da periferia urbana".

  • Persoal Docente e Investigador no Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da UDC (1996-Actualidade) e membro do grupo de investigación Galicia Cidade e Territorio (GCeT) da UDC (2011-actualidade).

  • Entre as súas publicacións pódense destacar en relación a este proxecto as seguintes: "A construción da urbanidade complexa nas rías galegas" (2015), "A estructura pública da cidade" (2013), "A colonización da periferia urbana na costa das Mariñas" (2008) ou "A rehabilitación urbanística" (1991).

  • Arquitecto municipal no Concello da Coruña (1987-1992), no Concello de Oleiros (1992-2005) e no Concello de Santiago de Compostela (2005-actualidade).

  • Experiencia na redacción de todo tipo de plans e proxectos urbanísticos en múltiples municipios galegos (Cambre, Pontevedra, As Pontes, Laxe, Valdoviño, Culleredo, Betanzos, A Coruña ou Oleiros).

Invitado pola súa gran experiencia na práctica urbanística profesional, tanto desde o sector público como do privado, o que, xunto co seu labor docente e o seu profundo coñecemento do territorio e da historia urbana da Coruña, permitiralle abordar calquera dúbida arredor da escala, o contexto ou os instrumentos relacionados co problema da presión urbanística, así como sobre as posibles vías de traballo para o abordar.


A participación destas tres persoas está programada para a primeira xornada de encontro do proxecto, que se desenvolverá o venres 24 de novembro no Centro Cívico A Silva.

As tres persoas participarán nunha entrevista-debate público, así como nas mesas de traballo colectivo coas veciñanzas afectadas, nas que poderán achegar coñecementos técnicos para resolver dúbidas e permitir imaxinar futuras liñas de traballo para a comunidade de aprendizaxe e práctica.