Veciñanzas da Coruña afectadas pola presión urbanística do PXOM



Última actualización (Versión): 15/11/2017 (V.01)



A identificación das veciñanzas da Coruña que poden estar afectadas pola presión urbanística derivada dos plans de transformación e expansión urbana realízase a partir da cartografía dos barrios e lugares afectados (ver o plano P.09).

Na seguinte cartografía pódense observar os diferentes ámbitos de transformación identificados segundo o seu número de vivendas habitadas ou habitables nunha situación contraditoria co PXOM (o que significa que as súas veciñanzas xa estarían sufrindo, ou poderíano facer en calquera momento, algún tipo de materialización da presión urbanística).


P.11.- Ámbitos afectados polos plans de transformación urbanística formulados no PXOM da Coruña de 2013
Imaxe: Elaboración propia


Na seguinte táboa pódese consultar máis polo miúdo a relación entre os barrios e lugares afectados, as figuras urbanísticas que operan sobre eles, o número de vivendas que se propón eliminar en cada un, e a situación dos 97 ámbitos de transformación diferenciados (pertencentes a un só barrio ou lugar e afectados por unha soa figura urbanística) a partir dos cales se estrutura este proxecto.

As veciñanzas destas case 1.200 vivendas ou 70 barrios e lugares son as que compoñen, en conxunto, a comunidade de posibles afectados pola presión urbanística derivada dos plans de transformación e expansión urbana formulados no PXOM da Coruña de 2013. Na medida do posible, o proxecto intentará que todas estas veciñanzas coñezan e poidan incorporarse se así o desexan á comunidade de aprendizaxe e práctica.


Barrios e lugares1 afectados

Figuras urbanísticas2

Nº de vivendas3 afectadas

Situación dos ámbitos afectados

A Artística

PE I29 - Refinería Sur

8

Arredor da estrada de Nostián e da rúa Monte da Rabadeira e ata a travesía de Meicende

A Cabana

POL O34 - Lugar Someso I

6

Entre a avenida da Universidade e a estrada DP-3004 ou Lugar Cabana

A Canteira de Eirís

POL Q32 - Calle Fray Pedro Rayo Piñeiro

5

Entre a avenida de Monelos e as rúas A Calexa e Eirís de Arriba

QL-1 - Equipamiento en Avda. Monelos

3

Entre a avenida de Monelos e a nova glorieta na esquina do futuro "Parque Ofimático"

A Falperra / Gurugú

POL P25 - Calle Fuente Seca del Monte

3

Rúa Fonte Seca do Monte

A Felga (Elviña)

PE P37 - Ampliación Campus de Elviña y de A Zapateira

3

Camiño da Felga (San Vicenzo de Elviña)

A Fontenova

PEMD L26 - A Silva 1

2

Avenida de Finisterre, a carón do restaurante "Fontenova"

POL L27 - Lugar Mouras Rejas I

6

Avenida de Finisterre, a carón do restaurante "O recodo da Grela"

A Gouxa (Visma)

SUD 1 - O Portiño

1

Camiño da Gouxa (San Pedro de Visma)

A Gramela

SURT 1 - San Pedro de Visma

6

Camiño de Visma á Gramela

A Moura

POL L28 - Lugar Mouras Rejas II

10

A carón da avenida de Finisterre

SUD 2 - Penamoa

8

Núcleo da Moura

A Pasaxe

API S35 - Ría del Burgo

29

A carón da avenida da Pasaxe e da estrada Pasaxe ao Burgo

A Pedra da Barca

POL L20 - Los Fuertes

8

Antiga estrada dos Fortes, a carón de "Maderas Peteiro"

SUD 1 - O Portiño

3

Nova estrada dos Fortes, a carón da glorieta coa rúa San Pedro de Visma e a estrada do Portiño

A Pereiroa (Elviña)

SURT 2 - Parque Ofimático

4

A carón da avenida de Lavedra (San Vicenzo de Elviña)

A Silva de Abaixo

PEMD M26 - A Silva 2

18

Avenida de Finisterre, ao oeste do Centro Cívico A Silva

POL M26 - Lugar A Silva

3

Avenida de Finisterre, arredor de "Finisterre Motor" e a carón do Ventorrillo

A Silva de Arriba

POL M26 - Lugar A Silva

13

Zona noroeste do núcleo, a carón do Ventorrillo

SUD 2 - Penamoa

1

Zona norte do núcleo, a carón de Penamoa

Agra de San Amaro

API Q16.2 - San Amaro - Orillamar

1

Rúa San Amaro, a carón do paseo marítimo

Agra de San Cristovo

POL N31.1 - Agra de San Cristóbal

3

Entre as avenidas de Enrique Salgado Torres e do Ferrocarril

Agra do Orzán

POL M22 - Parque del Agra

1

A carón do Observatorio

Agra dos Mallos

POL O29 - A Sardiñeira

8

Arredor do Centro Cívico Os Mallos

Agramonte (Castrillón)

API Q28 - Parque de Oza

9

Lugar Agramonte e arredor da avenida Casanova de Eirís

As Atochas

API Q18 - Calle Pintor Román Navarro

13

Entre as rúas Atocha Alta, Mondoñedo e Pintor Román Navarro

VL-3 - Travesía de San José

4

Travesía de San Xosé

As Xubias de Abaixo

API S35 - Ría del Burgo

6

Lugar As Xubias de Abaixo

As Xubias de Arriba

API S35 - Ría del Burgo

19

Lugar As Xubias de Arriba

Cadaveiras (Someso)

SUD 3 - O Martinete

7

Entre a rúa Lamelas e a avenida García Sabell

Casabranca

EL-5 - Lugar Casablanca

5

Lugar Casablanca, a carón das vías de ferrocarril

Castrillón

EL-4 - Castrillón

1

Entre as rúas Miramar Castrillón e Fariña Ferreño

POL R28.1 - Antonio Ríos II

9

Entre a rúa e a travesía Cerca

POL R29 - Miramar Castrillón

6

Entre a avenida da Concordia e a rúa Miramar Castrillón

Castro (Elviña)

EL-7/QG - Espacio libre y equipamientos en el campus de Elviña

1

Camiño de Mons

PEMD P38 - O Castro de Elviña

1

Entre as rúas da Fraga e Pena do Cuco

Catro Ventos (Visma)

SUD 1 - O Portiño

3

Rúa Catro Ventos

Curramontes

POL S32.3 - Lugar de Curramontes - Canalejo II

2

A carón do Hospital Universitario da Coruña

Eirís de Abaixo

SUD 4 - Monte Mero

1

Lugar Eirís de Abaixo

Eirís de Arriba

API R33 - Eirís de Arriba II

9

Entre a avenida de Monelos e as rúas A Calexa e Eirís de Arriba

Fontaíña (Palavea)

SUD 6 - Monte Alfeirán

17

Lugar Fontaíña, a carón do edificio da "Mutua Gallega"

Grupo de vivendas Juan Canalejo

VG-5 - Ronda de Nelle - Avda. Arteixo

6

Ronda de Nelle (entre os dous sentidos da calzada)

Lagar de Castro (Elviña)

API O37 - Residencia Universitaria

1

Camiño do Lagar de Castro

Leira do Campo (Monte das Moas)

API R29 - Bergondo - C. Eirís - Oleoducto

5

Entre as rúas Leira do Campo e José María Hernansáez

Loureiro (Visma)

EL-2 - Loureiro

3

Rúa Loureiro

POL L21 - Lugar de Loureiro

3

Entre as rúas Muiño de Visma e San Pedro de Visma

Marzán

PE N31 - Lugar de Marzán

4

Avenida do Ferrocarril

PE O29 - San Cristóbal (Zona 1)

8

Rúa Blanco White

Meicende

PE I29 - Refinería Sur

≈ 61

Rúa Caracas

PE J31 - Fábrica de aluminios

≈ 334

Rúas Devesos e Ferrol

Mesoiro

PEMD M38 - Lugar Mesoiro II

1

Rúa O Geán, fronte a "Maderas Becerra"

Monte de San Pedro

SUD 1 - O Portiño

3

A carón da estrada dos Fortes ao Monte de San Pedro

Monte Mero

SUD 4 - Monte Mero

12

Lugar Monte Mero

O Birloque

POL N34.1 - Lugar de O Birloque III

3

Rúa Alberto Garaizábal Macazaga, a carón do río Mesoiro

O Campanario

SGA SUD 2 - Monte de San Pedro

1

Zona norte do poboado do Campanario, cara o Monte de San Pedro

SUD 1 - O Portiño

≈ 77

Poboado do Campanario (O Portiño)

O Coidal (Visma)

SURT 1 - San Pedro de Visma

2

Rúa O Coidal

O Corgo (Castrillón)

API Q28 - Parque de Oza

14

Rúa Montes

O Curro (Palavea)

SUD 6 - Monte Alfeirán

3

Zona sureste, a carón da Autoestrada do Atlántico (AP-9)

O Foxo / Agra do Foxo

SUD 4 - Monte Mero

13

Lugar Agra do Foxo

VG-9 - Remodelación nudo Alfonso Molina

1

Illa entre a entrada e a saída da Autoestrada do Atlántico (AP-9)

O Martinete

POL N33.1 - Lugar de O Birloque I

1

A carón do complexo industrial e terciario "Droga Conde"

POL N33.2 - Lugar de O Birloque II

7

Estrada DP-0512, fronte ao edificio "Residencial El Birloque", e a carón do complexo industrial e terciario "Droga Conde"

SGA SUD 3 a - O Martinete I

1

Estrada DP-0512, a carón do río Mesoiro

SUD 3 - O Martinete

4

Zona sureste do núcleo, a carón da estrada DP-3004

VG-1 - Carretera 3ª Ronda - Polígono Vío

4

Entre As Rañas e Pocomaco, a carón da estrada AC-14

O Petón

PE J31 - Fábrica de aluminios

≈ 142

Arredor da praza do Petón e ata a travesía de Meicende

O Polvorín

POL P16 - Calle Colón 1

3

Entre a rúa e a travesía Colón

O Portiño

SGA SUD 1 b - O Portiño

10

Ao norte e ao leste do peirao, cara os Campos de Galera

SGA SUD 2 - Monte de San Pedro

8

Campos da Galera, ao sur da "Asociación Reto a la Esperanza"

Orra

PE N31 - Lugar de Marzán

8

Rúa Blanco White, a carón da avenida de Enrique Salgado Torres

Os Castros

POL Q28.2 - Calle Montes

9

Entre a ronda de Outeiro e as rúas Montes e Montiño

POL R28.2 - Avenida General Sanjurjo

5

Rúa Laureano Mediante

POL R28.3 - Calle de la Merced

7

Entre as rúas Merced e Vaamonde Lores, fronte ao café-bar "Los Alpes"

Os Pichoutos (San Cristovo das Viñas)

SGA SUD 4 - San Cristóbal

2

Entre o complexo industrial e terciario "Droga Conde" e a estrada AC-14

Pedralonga

POL R36 - Lázaro Cárdenas

2

Lugar Pedralonga, a carón de Monte Mero

SUD 4 - Monte Mero

6

Avenida de Pedralonga e Lugar Pedralonga, cara A Pasaxe

Pedro Fernández

API S37 - Avda. de A Pasaxe

1

Entre a rúa Pedro Fernández e as avenidas de Pedralonga e Lavedra

SUD 4 - Monte Mero

3

Rúa Pedro Fernández (zona norte, a carón de Pedralonga)

Pedroso

EL-3 - Calle Iberia

5

Interior da mazá definida pola avenida dos Mallos e as rúas Pedroso, Europa, Filipinas e Puerto Rico

Penamoa

SUD 2 - Penamoa

28

Lugar Penamoa

Peruleiro

POL M22 - Parque del Agra

20

Camiño do Pinar

Poboado da Pasaxe

API S35 - Ría del Burgo

≈ 20

Recheo a carón da Ponte Pasaxe

Poboado das Rañas

VG-1 - Carretera 3ª Ronda - Polígono Vío

≈ 28

A carón da vía de ferrocarril e da estrada AC-14

Porto de San Pedro de Visma (O Portiño)

SGA SUD 1 b - O Portiño

≈ 16

A carón do peirao, na zona suroeste

Pradeira (Comeanda)

SUD 2 - Penamoa

4

A carón da estrada de Visma a Mazaído e da Fundación Hogar Santa Lucía

Ramallos (Mesoiro)

SUD 3 - O Martinete

7

A carón das vías de ferrocarril e da avenida García Sabell

Río de Quintas

PEMD S39 - Lugar Río de Quintas

1

Rúa Río de Quintas, a carón da estrada N-550

POL S38.2 - Río Quintas / Sta. Gema 2

1

Rúa Río de Quintas, a carón da estrada Pasaxe ao Burgo

San Cristovo das Viñas

POL N33.1 - Lugar de O Birloque I

1

Lugar San Cristovo das Viñas, a carón do complexo industrial e terciario "Droga Conde"

San Vicenzo de Elviña

PE P37 - Ampliación Campus de Elviña y de A Zapateira

1

Rúa Antonio Insua Rivas, fronte ao encontro coa rúa Rebandas

SURT 2 - Parque Ofimático

1

Rúa Antonio Insua Rivas, a carón da avenida de Lavedra

San Xosé

VG-6 - Avenida de Finisterre 2

5

Lugar San Xosé, estrada AC-415

Santa María de Oza

QL-2 - Equipamiento en Calle Montes

3

Rúa Montes, a carón do I.E.S. Monelos

Someso

SGA SUD 3 a - O Martinete I

2

Lugar Someso, fronte á Escola Galega de Imaxe e Son

Vidueiros / Altamira

SUD 7 - A Zapateira I

1

Avenida de Nova York (dirección norte), a carón da Urbanización Valaire

SUD 10 - A Zapateira III

1

Avenida de Nova York (dirección sur), a carón da Urbanización Valaire

Nº total de barrios e lugares afectados

Nº de figuras urbanísticas diferentes que implican a eliminación de vivendas

Nº total de vivendas afectadas

Nº total de ámbitos diferentes afectados

70

67

≈ 1.189

97

T.04.- Barrios e lugares afectados polos plans de transformación urbanística formulados no PXOM da Coruña de 2013
Táboa: Elaboración propia.

1 Os topónimos empregados proveñen maioritariamente do Mapa dos barrios da Coruña (Concello da Coruña, 2016), con algunhas correccións e topónimos engadidos tras o traballo de campo realizado.
2 A nomenclatura das figuras urbanísticas provén do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña (Concello da Coruña, 2013), tomándose a decisión de respectar o idioma e a denominación orixinal das figuras (aínda que inclúe varios erros e topónimos castelanizados).
3 O número de vivendas afectadas refírese ás vivendas habitadas ou habitables que o PXOM da Coruña de 2013 contempla eliminar. A partir da identificación de todas as edificacións afectadas por unha figura urbanística na que se formula a súa eliminación, contabilizáronse as vivendas totais mediante unha mestura de traballo de campo, análise a través de Google Street View e consulta da documentación catastral dispoñible na Sede Electrónica del Catastro. Esta metodoloxía permite supoñer unha gran precisión dos resultados no caso das vivendas unifamiliares, algo menor para as edificacións de vivenda colectiva, e moito máis aproximativa nos lugares que non contan con información catastral.



A participación das veciñanzas afectadas será continua en todas as actividades públicas programadas no proxecto (os tres roteiros e as dúas xornadas de encontro), e incluso anterior, xa que desde a fase de traballo de campo comezarán os contactos cunha boa parte delas.



Nota pos-roteiros



Nos tres roteiros desenvolvidos e no traballo de campo previo visitáronse 30 dos 70 barrios e lugares afectados (o 43%), ou 49 dos 97 ámbitos de transformación definidos (o 51%). Quedan, polo tanto, aproximadamente a metade dos lugares afectados sen contactar directamente nesta fase do proceso, xa que só poderán ser informados a través das redes sociais, os medios de comunicación e a cartelaría que anuncie os encontros, que se colocará nos días previos a cada un deles nos propios barrios identificados.