A documentación do proxecto compartirase en dous formatos complementarios para abrilo o máximo posible e permitir a súa avaliación e replicación, como corresponde ao marco dun laboratorio cidadán:
Documentación do proceso. A medida que avance o proxecto, neste espazo iranse recompilando de xeito cronolóxico todos os traballos e actividades desenvolvidas.
Documentación dos materiais. Ao final do proceso, liberarase toda a documentación producida, os materiais en bruto e as fontes e metodoloxías de traballo empregadas.