Documento síntese



Última actualización (Versión): 15/11/2017 (V.01)



Co urbanismo nos talóns rematará coa publicación dun documento en formato físico e dixital coa síntese dos materiais producidos e as conclusións acadadas no proxecto. O obxectivo deste documento non será tanto a apertura do proxecto (para o que servirá principalmente esta páxina web), senón a recompilación dos materiais que poidan ser máis útiles para o traballo dunha hipotética comunidade de aprendizaxe e práctica xa autoxestionada polas veciñanzas afectadas.