Ámbitos de transformación urbanística e veciñanzas afectadas



Última actualización (Versión): 20/11/2017 (V.01)



1.- Ámbitos de transformación urbanística formulados no PXOM da Coruña de 2013



O primeiro paso para identificar as comunidades veciñais ás que lle pode afectar a presión urbanística na Coruña é analizar todos os ámbitos para os que o PXOM vixente propón unha transformación.

É preciso remarcar que este proxecto só se centra nas edificacións afectadas por instrumentos urbanísticos complexos, é dicir, por plans de transformación ou expansión urbana contemplados nas fichas urbanísticas do PXOM, deixando para futuras continuacións do traballo a análise do resto de edificacións ameazadas polo planeamento vixente (por estar fóra de ordenación, por experimentar un cambio radical nas súas condicións de edificabilidade, etc.).

Unha vez fixados os límites deste estudo, a partir da normativa urbanística e a cartografía do PXOM obtéñense os seguintes datos sobre os ámbitos de transformación:


Ámbitos de transformación segundo as figuras urbanísticas no PXOM da Coruña de 20131

Número de delimitacións1

Superficie2 (km²)

Porcentaxe sobre as figuras (%)

Porcentaxe sobre o municipio3 (%)

SUD (Solo Urbanizable Delimitado)

11

4,029

25,531

10,659

SGA SUD (Sistema Xeral Adscrito a SUD)

6

0,820

5,196

2,169

SURT (Solo Urbanizable en Réxime Transitorio)

3

1,701

10,779

4,500

SGA SURT (Sistema Xeral Adscrito a SURT)4

1

0,138

0,874

0,365

PEMD (Plan Especial de Mellora e Desenvolvemento)

11

0,334

2,116

0,884

PET (Plan Especial de Transformación)

3

0,516

3,270

1,365

PE (Plan Especial / Plan Especial de Reforma Interior)

9

2,000

12,673

5,291

SGA PE (Sistema Xeral Adscrito a PE)

1

0,001

0,006

0,003

POL (Polígono / Polígono de Execución)

51

1,174

7,439

3,106

API (Área de Planeamento Incorporado)

37

4,213

26,697

11,145

Accións (EG, EL, IG, QG, QL, VG e VL)5

32

0,855

5,418

2,262

TOTAL

165

15,781

100,000

41,749

T.02.- Tipo, número e superficie dos ámbitos de transformación formulados no PXOM da Coruña de 2013
Táboa: Elaboración propia.

1 Datos: Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña (Concello da Coruña, 2013). Aínda que se traduciu o idioma orixinal da denominación das figuras urbanísticas, respetouse o acrónimo para non dificultar a lectura das fichas urbanísticas.
2 Datos: Cartografía SIX do PXOM da Coruña de 2013 (Concello da Coruña, 2015).
3 Superficie do municipio da Coruña = 37,8 km² (Instituto Galego de Estatística, 2011).
4 A superficie do único SGA SURT (correspondente co SGA SURT 1) contabilízase dúas veces, xa que segundo o PXOM tamén está incluída no SURT 1.
5 No cómputo da superficie das "Accións" non se contabilizan as denominadas CV (Corredores verdes) e MV (Malla verde) xa que carecen de delimitación no PXOM.



A situación é, polo tanto, a seguinte: o PXOM de 2013 define 165 ámbitos de transformación no municipio da Coruña, que se corresponden con 11 tipos de figuras urbanísticas, e que ocupan unha superficie total de 15,8 km², algo máis do 40% da superficie municipal.

Como se pode observar no seguinte gráfico, os diferentes tipos de ámbitos de transformación poden vir derivados da clasificación do solo, pero tamén da súa condición de sistemas xerais ou de instrumentos de planeamento ou xestión. O que teñen en común estas 165 delimitacións é que o PXOM define, con máis e menos precisión segundo o tipo de figura urbanística do que se trate, unha transformación do territorio afectado.


G.02.- Figuras urbanísticas definidas no PXOM da Coruña de 2013 en relación cos ámbitos de transformación
Imaxe: Elaboración propia, a partir dos datos do PXOM da Coruña (Concello da Coruña, 2013)
Descarga: Gráfico A3 / PDF / 1,4 MB


Nas seguintes cartografías temáticas pódese observar a situación destes ámbitos e as súas condicións urbanísticas máis relevantes: a figura urbanística, a clasificación do solo e o sistema de actuación definidos para cada caso nas cartografías e nas fichas urbanísticas do PXOM.


P.01.- Ámbitos de transformación previstos no PXOM da Coruña de 2013 (segundo as figuras urbanísticas)
Imaxe: Elaboración propia



P.02.- Ámbitos de transformación previstos no PXOM da Coruña de 2013 (segundo a clasificación do solo)
Imaxe: Elaboración propia



P.03.- Ámbitos de transformación previstos no PXOM da Coruña de 2013 (segundo os sistemas de actuación)
Imaxe: Elaboración propia



P.04.- Superficie municipal incluída nalgún dos ámbitos de transformación previstos no PXOM da Coruña de 2013
Imaxe: Elaboración propia


Unha vez definidos os ámbitos de transformación formulados no PXOM, o seguinte paso será averiguar as comunidades que habitan estes territorios, xa que moitos deles non contan con poboación na actualidade, e outros, aínda que si a teñen, o planeamento non implica a eliminación das edificacións preexistentes e o desprazamento das súas veciñanzas.

Para iso pártese da cartografía catastral máis actualizada (a versión de maio de 2017), seleccionándose todo o parcelario incluído dentro dalgún dos ámbitos de transformación delimitados no PXOM:


P.05.- Parcelario incluído dentro dos ámbitos de transformación segundo o catastro actual
Imaxe: Elaboración propia


Como se pode apreciar nunha análise superficial, a cartografía catastral non se corresponde coa realidade en moitos dos ámbitos estudados. Co obxectivo de actualizala, realízanse as seguintes modificacións:

  • a) Elimínase o parcelario que consta como existente no catastro actual, pero que en realidade só está planificado e aínda non se materializou no territorio de ningún xeito visible.

  • b) Engádese o parcelario que non consta no catastro actual, ben porque nunca foi introducido (como moitas das edificacións informais), ben porque foi eliminado e substituído por un novo parcelario derivado dun plan urbanístico aínda inexistente. Esta última situación é especialmente significativa, xa que o catastro é un dos documentos do mundo virtual que rematan tendo máis importancia que a realidade (as vivendas e veciñanzas existentes) á hora de tomar decisións urbanísticas e xurídicas sobre o territorio.


P.06.- Parcelario incluído dentro dos ámbitos de transformación segundo a realidade actual
Imaxe: Elaboración propia


A partir desta cartografía máis acorde coa realidade, realízanse as seguintes operacións:

  • a) Seleccionanse todas as parcelas con algún tipo de construción, xa sexa de uso residencial ou de outra actividade.

  • b) Elimínase o parcelario que consta como construído pero que xa non existe na actualidade (desaparecido e non actualizado no catastro) ou é inhabitable porque se atopa en situación de ruína total.


P.07.- Parcelario construído incluído dentro dos ámbitos de transformación
Imaxe: Elaboración propia


Unha vez discriminado o parcelario construído situado nos ámbitos de transformación, as seguintes operacións son:

  • a) Elimínase o parcelario construído que, aínda atopándose incluído nun destes ámbitos, non está afectado porque o planeamento específico o inclúe na ordenación e non propón a súa eliminación.

  • b) Elimínase o parcelario seleccionado debido a erros e faltas de coordinación entre cartografías que, en realidade, non está afectado ou só o estaría dun xeito mínimo.

  • c) Elimínase o parcelario daqueles ámbitos onde xa se executou a transformación formulada no PXOM.


P.08.- Parcelario construído que o PXOM propón eliminar nos ámbitos de transformación
Imaxe: Elaboración propia


Como o proxecto está centrado no habitar, na residencia máis que no uso (pois, se se pretendera incorporar os usos agrícolas, forestais ou informais destes territorios, sería un traballo inabarcable nos tempos deste proxecto), o seguinte paso é a clasificación do parcelario construído resultante segundo o seu uso, diferenciando entre:

  • a) As vivendas, e dentro delas, as habitadas e as deshabitadas.

  • b) As edificacións de actividade continua, e dentro delas, igualmente, as que están en uso na actualidade e as que non.

  • c) As edificacións de actividade non habitables, como os alpendres e outros tipos de edificacións anexas.

Esta clasificación realízase neste primeiro momento a partir da documentación cartográfica dispoñible e de ferramentas dixitais como Google Street View, deixando para o traballo de campo posterior a tarefa de revisión cara unha versión máis precisa e actualizada.


P.09.- Parcelario construído que o PXOM propón eliminar nos ámbitos de transformación. Clasificación segundo os usos
Imaxe: Elaboración propia


Esta cartografía é o mapa inicial co que se inicia o traballo de campo para rematar a identificación das edificacións habitadas e as comunidades afectadas pola presión urbanística por novos desenvolvementos no municipio da Coruña.


Fontes e ferramentas empregadas no traballo cartográfico:

a) Os materiais cartográficos empregados como base para realizar este estudo foron:

  • - A cartografía SIX do PXOM da Coruña de 2013 (Concello da Coruña, xaneiro de 2015), descargable desde o IDE.Coruña (Infraestructura de Datos Espaciales de A Coruña), o portal de acceso aos servizos de información xeográfica do Concello da Coruña.

  • - A cartografía catastral máis actualizada (Dirección General del Catastro, maio de 2017) así como a cartografía catastral histórica, ambas en formato vectorial e descargables desde a Sede Electrónica del Catastro.

  • - A ortofotografía de "máxima actualidade" do PNOA (Instituto Geográfico Nacional, xullo de 2014), accedida desde o servizo de visualización WMS do Instituto Geográfico Nacional.

b) Como apoio ao traballo de campo e ao resto de tarefas de análise, utilizouse de xeito continuo a cartografía de OpenStreetMap, así como Google Maps e Google Street View.

c) A documentación do PXOM consultada descargouse do inventario municipal do SIOTUGA (Sistema de Informacion de Ordenación do Territorio e Urbanismo de Galicia), salvo as fichas urbanísticas, que en boa calidade (formato PDF vectorial) só están dispoñibles no IDE.Coruña a través do visor en liña do Estado de desenvolvemento do PXOM de 2013.

d) Todo o traballo cartográfico, agás a maquetación final, realizouse co programa QGIS, un Sistema de Información Xeográfica (SIX), libre e de código aberto, impulsado pola Open Source Geospatial Foundation (OSGeo).



2.- Veciñanzas afectadas polos plans de transformación urbanística formulados no PXOM da Coruña de 2013



Para rematar a identificación das comunidades veciñais afectadas, o seguinte paso é o recoñecemento, a través da toponimia e da análise da forma urbana, dos lugares habitados afectados polos ámbitos de transformación. Este estudo céntrase na vivenda, xa que se considerou o problema máis prioritario, aínda que, como se pode observar no plano anterior (P.09), tamén hai moitas edificacións doutros usos afectadas polo PXOM.

Na seguinte cartografía pódense observar as comunidades identificadas nas que existen vivendas nunha situación contraditoria co PXOM e que, polo tanto, as súas veciñanzas se están a enfrontar, ou pódeno facer en calquera momento, ás presións urbanísticas para abandonalas.


P.10.- Barrios e lugares afectados polos plans de transformación urbanística formulados no PXOM da Coruña de 2013
Imaxe: Elaboración propia


E na seguinte táboa pódense consultar todos os barrios e lugares afectados, o distrito ao que pertencen, as figuras urbanísticas que lles atinxen e o número de vivendas directamente afectadas en cada un deles.


Distritos1

Barrios e lugares2 afectados

Figuras urbanísticas3

Nº de vivendas4 afectadas

Distrito 1

A Artística

PE I29 - Refinería Sur

8

Meicende

PE I29 - Refinería Sur

≈ 61

PE J31 - Fábrica de aluminios

≈ 334

O Petón

PE J31 - Fábrica de aluminios

≈ 142

Pradeira (Comeanda)

SUD 2 - Penamoa

4

San Xosé

VG-6 - Avenida de Finisterre 2

5

Distrito 2

A Gouxa (Visma)

SUD 1 - O Portiño

1

A Gramela

SURT 1 - San Pedro de Visma

6

A Pedra da Barca

POL L20 - Los Fuertes

8

SUD 1 - O Portiño

3

Catro Ventos (Visma)

SUD 1 - O Portiño

3

Loureiro (Visma)

EL-2 - Loureiro

3

POL L21 - Lugar de Loureiro

3

Monte de San Pedro

SUD 1 - O Portiño

3

O Campanario

SGA SUD 2 - Monte de San Pedro

1

SUD 1 - O Portiño

≈ 77

O Coidal (Visma)

SURT 1 - San Pedro de Visma

2

O Portiño

SGA SUD 1 b - O Portiño

10

SGA SUD 2 - Monte de San Pedro

8

Penamoa

SUD 2 - Penamoa

28

Porto de San Pedro de Visma (O Portiño)

SGA SUD 1 b - O Portiño

≈ 16

Distrito 3

A Cabana

POL O34 - Lugar Someso I

6

A Fontenova

PEMD L26 - A Silva 1

2

POL L27 - Lugar Mouras Rejas I

6

A Moura

POL L28 - Lugar Mouras Rejas II

10

SUD 2 - Penamoa

8

A Silva de Abaixo

PEMD M26 - A Silva 2

18

POL M26 - Lugar A Silva

3

A Silva de Arriba

POL M26 - Lugar A Silva

13

SUD 2 - Penamoa

1

Agra de San Cristovo

POL N31.1 - Agra de San Cristóbal

3

Cadaveiras (Someso)

SUD 3 - O Martinete

7

Marzán

PE N31 - Lugar de Marzán

4

PE O29 - San Cristóbal (Zona 1)

8

O Birloque

POL N34.1 - Lugar de O Birloque III

3

O Martinete

POL N33.1 - Lugar de O Birloque I

1

POL N33.2 - Lugar de O Birloque II

7

SGA SUD 3 a - O Martinete I

1

SUD 3 - O Martinete

4

VG-1 - Carretera 3ª Ronda - Polígono Vío

4

Orra

PE N31 - Lugar de Marzán

8

Os Pichoutos (San Cristovo das Viñas)

SGA SUD 4 - San Cristóbal

2

Poboado das Rañas

VG-1 - Carretera 3ª Ronda - Polígono Vío

≈ 28

San Cristovo das Viñas

POL N33.1 - Lugar de O Birloque I

1

Someso

SGA SUD 3 a - O Martinete I

2

Distrito 4

Mesoiro

PEMD M38 - Lugar Mesoiro II

1

Ramallos (Mesoiro)

SUD 3 - O Martinete

7

Distrito 5

A Felga (Elviña)

PE P37 - Ampliación Campus de Elviña y de A Zapateira

3

A Pereiroa (Elviña)

SURT 2 - Parque Ofimático

4

Castro (Elviña)

EL-7/QG - Espacio libre y equipamientos en el campus de Elviña

1

PEMD P38 - O Castro de Elviña

1

Lagar de Castro (Elviña)

API O37 - Residencia Universitaria

1

O Foxo / Agra do Foxo

SUD 4 - Monte Mero

13

VG-9 - Remodelación nudo Alfonso Molina

1

San Vicenzo de Elviña

PE P37 - Ampliación Campus de Elviña y de A Zapateira

1

SURT 2 - Parque Ofimático

1

Vidueiros / Altamira

SUD 7 - A Zapateira I

1

SUD 10 - A Zapateira III

1

Distrito 6

A Canteira de Eirís

POL Q32 - Calle Fray Pedro Rayo Piñeiro

5

QL-1 - Equipamiento en Avda. Monelos

3

A Pasaxe

API S35 - Ría del Burgo

29

Agramonte (Castrillón)

API Q28 - Parque de Oza

9

As Xubias de Abaixo

API S35 - Ría del Burgo

6

As Xubias de Arriba

API S35 - Ría del Burgo

19

Casabranca

EL-5 - Lugar Casablanca

5

Castrillón

EL-4 - Castrillón

1

POL R28.1 - Antonio Ríos II

9

POL R29 - Miramar Castrillón

6

Curramontes

POL S32.3 - Lugar de Curramontes - Canalejo II

2

Eirís de Abaixo

SUD 4 - Monte Mero

1

Eirís de Arriba

API R33 - Eirís de Arriba II

9

Fontaíña (Palavea)

SUD 6 - Monte Alfeirán

17

Leira do Campo (Monte das Moas)

API R29 - Bergondo - C. Eirís - Oleoducto

5

Monte Mero

SUD 4 - Monte Mero

12

O Corgo (Castrillón)

API Q28 - Parque de Oza

14

O Curro (Palavea)

SUD 6 - Monte Alfeirán

3

Pedralonga

POL R36 - Lázaro Cárdenas

2

SUD 4 - Monte Mero

6

Pedro Fernández

API S37 - Avda. de A Pasaxe

1

SUD 4 - Monte Mero

3

Poboado da Pasaxe

API S35 - Ría del Burgo

≈ 20

Río de Quintas

PEMD S39 - Lugar Río de Quintas

1

POL S38.2 - Río Quintas / Sta. Gema 2

1

Santa María de Oza

QL-2 - Equipamiento en Calle Montes

3

Distrito 7

-

-

-

Distrito 8

A Falperra / Gurugú

POL P25 - Calle Fuente Seca del Monte

3

Agra dos Mallos

POL O29 - A Sardiñeira

8

Grupo de vivendas Juan Canalejo

VG-5 - Ronda de Nelle - Avda. Arteixo

6

Os Castros

POL Q28.2 - Calle Montes

9

POL R28.2 - Avenida General Sanjurjo

5

POL R28.3 - Calle de la Merced

7

Pedroso

EL-3 - Calle Iberia

5

Distrito 9

Agra do Orzán

POL M22 - Parque del Agra

1

Peruleiro

POL M22 - Parque del Agra

20

Distrito 10

Agra de San Amaro

API Q16.2 - San Amaro - Orillamar

1

As Atochas

API Q18 - Calle Pintor Román Navarro

13

VL-3 - Travesía de San José

4

O Polvorín

POL P16 - Calle Colón 1

3

Nº total de distritos afectados

Nº total de barrios e lugares afectados

Nº de figuras urbanísticas diferentes que implican a eliminación de vivendas / Nº de ámbitos diferentes afectados

Nº total de vivendas afectadas

9

70

67 / 97

≈ 1.189

T.03.- Distritos, barrios e vivendas afectadas polos plans de transformación urbanística formulados no PXOM da Coruña de 2013
Táboa: Elaboración propia.

1 Os distritos aos que se refire este estudo son os delimitados no Mapa de distritos da Coruña (Concello da Coruña, 2016).
2 Os topónimos empregados proveñen maioritariamente do Mapa dos barrios da Coruña (Concello da Coruña, 2016), con algunhas correccións e topónimos engadidos tras o traballo de campo realizado.
3 A nomenclatura das figuras urbanísticas provén do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña (Concello da Coruña, 2013), tomándose a decisión de respectar o idioma e a denominación orixinal das figuras (aínda que inclúe varios erros e topónimos castelanizados).
4 O número de vivendas afectadas refírese ás vivendas habitadas ou habitables que o PXOM da Coruña de 2013 contempla eliminar. A partir da identificación de todas as edificacións afectadas por unha figura urbanística na que se formula a súa eliminación, contabilizáronse as vivendas totais mediante unha mestura de traballo de campo, análise a través de Google Street View e consulta da documentación catastral dispoñible na Sede Electrónica del Catastro. Esta metodoloxía permite supoñer unha gran precisión dos resultados no caso das vivendas unifamiliares, algo menor para as edificacións de vivenda colectiva, e moito máis aproximativa nos lugares que non contan con información catastral nin están documentados nas imaxes dixitais dispoñibles.



Como se pode observar no plano e na táboa anterior, só nun dos distritos da Coruña non existen vivendas directamente ameazadas polo PXOM. O problema, porén, non está homoxeneamente distribuído polo termo municipal, xa que se observa unha gran concentración dos casos nos territorios complexos da primeira periferia (só conceptual) da área metropolitana, os espazos onde é máis radical o conflito entre as urbanidades preexistentes e o avance do control e da ordenación representativa da cidade central densificada.

As 1.189 vivendas identificadas pódense agrupar á súa vez en 70 barrios e lugares afectados, un dato que, ao cruzalo coas 67 figuras urbanísticas diferentes (das 165 contempladas no PXOM) que operan sobre estes barrios e que implican a eliminación de vivendas habitadas ou habitables, dá como resultado os 97 ámbitos de transformación con vivendas afectadas que serán a base analítica deste proxecto, e que teñen en común, polo tanto, pertencer a un só barrio e estar baixo unha soa figura urbanística.


P.11.- Ámbitos afectados polos plans de transformación urbanística formulados no PXOM da Coruña de 2013
Imaxe: Elaboración propia