PROXECTO



Última actualización (Versión): 15/11/2017 (V.01)



Co urbanismo nos talóns é un proxecto composto por por varias fases e procesos de traballo que se materializarán co desenvolvemento dunha serie de actividades públicas (tres roteiros e dous encontros) e coa produción de materiais útiles para unha comunidade de aprendizaxe e práctica centrada nas veciñanzas afectadas pola presión urbanística do PXOM da Coruña. Para coñecer os detalles do proxecto, pódense consultar os seguintes apartados:

  • A introdución, onde se describen as cuestións básicas do proxecto.

  • Os obxectivos, onde se definen os resultados que se esperan conseguir co seu desenvolvemento.

  • As motivacións, onde se profundiza nas cuestións que o fan necesario, na Coruña, no ano 2017.

  • O calendario, onde se detallan as datas e tempos das diferentes fases do proxecto, así como das actividades abertas á participación.

  • Os contidos, onde se describe a organización do proxecto e da páxina web.