Content
Cousa de Elviña
Cousa de Elviña, INTRODUCIÓN:
[ I ]
Dende hai máis dunha década, un dos grandes conflitos urbanísticos na Coruña é o que enfronta á veciñanza de Elviña co Plan Parcial do Parque Ofimático, un proxecto de desenvolvemento residencial de iniciativa pública que exemplifica á perfección algúns dos graves problemas e inxustizas que xera o urbanismo na actualidade. Ademais, outro proceso urbanístico, o proxecto de ampliación da avenida de Alfonso Molina, xerou dende hai un tempo unha nova ameaza para Elviña, un lugar, en realidade, xa habituado aos conflitos urbanísticos derivados da súa condición de núcleo de orixe preindustrial e da súa localización no borde da cidade central. O territorio de Elviña (xa moi transformado no último século pola propia avenida, o campus universitario, o polígono de Someso e outras grandes pezas urbanas expulsadas cara a periferia) é, polo tanto, unha auténtica zona quente para as transformacións urbanas e un campo experimental sobre a relación entre a técnica urbanística e os omnipresentes núcleos de orixe rural en Galicia. O proxecto Cousa de Elviña consistiu na produción, difusión e debate público dun informe técnico sobre por que non se deben desaloxar e destruir dúas das vivendas ameazadas polos plans urbanísticos para Elviña, e materializouse mediante a súa exposición en formato gráfico nos centros institucionais onde se decidirá o seu futuro: o Concello da Coruña (do 4 ao 8 de xullo), a Concellaría de Rexeneración Urbana e Dereito a Vivenda (do 11 ao 15 de xullo) e a sede do Ministerio de Fomento na Coruña (do 18 ao 22 de xullo). Ademáis, o 22 de xuño realizouse unha xornada de actividades en Elviña na que se fixo un roteiro polo ámbito ameazado polo plan parcial e a ampliación da avenida, unha presentación dos resultados do traballo de investigación realizado, e un debate público coa veciñanza e calquera persoa interesada sobre as alternativas ao plans vixentes que contemplen a conservación das vivendas, as árbores e parte das trazas camiñeiras e catastrais ameazadas.
Este traballo foi realizado dentro da convocatoria do programa Expontáneas da Concellaría de Cultura, Deporte e Coñecemento do Concello da Coruña, polo que contou cun orzamento de 1.500 € que financiou parcialmente a súa realización. * Cousa de Elviña non sería posible sen a colaboración da veciñanza de Elviña (Samuel, Luis, Pilar, Luis, Loli, Varo, Isabel, Eva, Emilio e moitas persoas máis), a Sociedade Recreativa, Deportiva e Cultural Tempo Novo, o Bar-Ambigú, e a xente das plataformas Stop Desafiuzamentos A Coruña e Elviña Non Se Vende.

Cousa de Elviña, DOCUMENTACIÓN PRODUCIDA:
Pódese descargar o DOCUMENTO COMPLETO en PDF (127 MB) ou cada un dos paneis por separado en JPG ou PDF:
JPG (6,02 MB)
JPG (3,54 MB)
JPG (5,73 MB)
JPG (6,96 MB)
JPG (4,99 MB) / PDF (40,0 MB)
JPG (6,46 MB) / PDF (6,35 MB)
JPG (6,24 MB) / PDF (2,87 MB)
JPG (7,23 MB) / PDF (12,2 MB)
JPG (7,91 MB) / PDF (13,9 MB)
JPG (6,08 MB)
JPG (4,85 MB)
Cousa de Elviña, IMAXES:
XORNADA DE ACTIVIDADES EN ELVIÑA
A Pereiroa + Local da S.R.D.C. Tempo Novo
22 de xuño de 2016
EXPOSICIÓNS
Hall de entrada do
Pazo Municipal
(María Pita)
do 4 ao 8 de xullo de 2016
Escaleiras do edificio da
Concellaría de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda
(Monte Alto)
do 11 ao 15 de xullo de 2016
Patio central da
Sede do Ministerio de Fomento na Coruña
(Polígono de Elviña)
do 18 ao 22 de xullo de 2016
Salón de actos da
S.R.D.C. Tempo Novo
(San Vicenzo de Elviña)
a partir do 26 de xullo de 2016
Cousa de Elviña, A TRAVÉS DOUTROS MEDIOS:
- 12 / 07 / 2016
"Elviña é un barrio, non só un espazo por onde a 'verdadeira' cidade pode crecer"
Praza Pública / Marcos Pérez Pena - 12 / 07 / 2016
La vieja Elviña, en pie y con memoria
Una exposición elaborada por el colectivo de arquitectos Ergosfera analiza las puntos diferenciales de este núcleo urbano que careció históricamente de la categoría de barrio
La Opinión A Coruña / Gemma Malvido - 13 / 07 / 2016
Megaprojects and community conflicts in A Corunha, Galicia, Spain
xaperezsindin.com / Xaquín S. Pérez-Sindín López - 31 / 01 / 2019
A longa batalla de Elviña
San Vicenzo de Elviña leva décadas enfrontando un urbanismo depredador acubillado pola necesidade de crecemento da cidade da Coruña que deu ás costas á súa identidade e ás persoas que habitan nela
O Salto Galiza / Toni Tarela - 02 / 02 / 2020
Ofimático: remendar unha desfeita
O Parque Ofimático é un dos proxectos urbanísticos e especulativos herdados de Fraga e Paco Vázquez que levou con el a casa e o proxecto de vida de moitas familias
Nós Televisión / Pablo Santiago e Diego Frey
