Eu si quero feísmo na miña paisaxe!
A primeira fase do proxecto concluíu coa definición de seis destes conceptos-calidades, vinculados, seguro que non por casualidade, a cuestións como a cultura libre ou a filosofía hacker: 1) a reutilización das novas materias primas do noso espazo-tempo (refugallos, excedentes, etc.); 2) o incrementalismo como forma racional e gradual-pero-non-lineal de evolución dos procesos autónomos e/ou colectivos; 3) a posibilidade da transgresión con respecto aos modelos convencionais; 4) os procesos de auto-replicación sen necesidade de publicidade e hiper-consumo; 5) a representación de subxectividades e desexos cidadáns na esfera pública; e 6) a importancia do grao de manipulabilidade das contornas producidas.
A partir deste primeiro achegamento centrado na escala parcelaria ou arquitectónica, o traballo continuou cunha mirada optimista sobre algúns dos produtos dunha cultura urbanística xenérica en Galicia e baseada en condicións como: a) a mestura (en contigüidade ou superposición, de usos, tipoloxías e cheos e baleiros) e a alinearidade (de alturas e aliñacións da edificación); b) a procesualidade mencionada anteriormente, pero entendida tamén desde outras escalas e desde a resignificación do concepto do inacabado, un dos grandes inimigos da idea hexemónica de orde pero que adquire lexitimidade a través do estudo das calidades e potencias dalgunhas das súas materializacións máis comúns en Galicia, como as vivendas unifamiliares incrementais (ou o acceso á vivenda sen hipoteca, á marxe da cultura da débeda); e c) a pervivencia do substrato catastral e patrimonial preindustrial e o seu diálogo e mutación coas lóxicas urbanas contemporáneas.
Desde estas coordenadas, comezáronse a estudar diferentes cuestións específicas. Desde a escala territorial, fixouse a atención nas estradas-rúa, o elemento que estrutura e conforma a urbanidade dominante en boa parte do territorio galego. Desde a escala urbana, traballouse principalmente sobre os tecidos urbanos de edificación descontinua, unha formalización urbanística novedosa que baixo a percepción dos baleiros-medianeiras agocha unha complexidade real e potencial do máximo interese. E desde a escala da parcela, o proxecto procurou a identificación de novas tipoloxías arquitectónicas capaces de abrir debates en termos de funcionalidade, identidade, patrimonalidade ou monumentalidade: algunhas derivadas da mestura radical de usos, como os chalés sobre espazos produtivos; outras orixinadas pola "calcificación" dos estados intermedios do proceso edificatorio cíclico, como as construcións con baleiros nalgunha das súas alturas; outras xurdidas de procesos de edificación e reconversión urbanística directa do parcelario de orixe rural; e outras facilitadas pola evasión das lóxicas estéticas e materiais hexemónicas que posibilitan os procesos autoconstructivos, principalmente nas edificacións adxectivas.
A condición procesual e informal deste traballo, desenvolvido intermitentemente desde setembro de 2011, fai que se compoña por agora das pezas heteroxéneas recompiladas a continuación por orde cronolóxica, xa que se producen segundo van aparecendo oportunidades para compartilas a través de presentacións, publicacións, obradoiros, roteiros, mesas de debate e outros materiais.
Viveiro, 28 de setembro de 2011 | Tono Mejuto (Ergosfera)
Eu si quero feísmo na miña paisaxe!
PROCESO E MATERIAIS:
2025
- OBRADOIRO:
Innovacións urbanas desde fóra das grandes cidades galegas
Foro: Módulo de Renovación Urbana e Rexeneración Urbanística do Curso Superior de Técnico de Urbanismo
Organización: Escola Galega de Administración Pública (EGAP) + Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG)
Data: 5 e 12 de febreiro de 2025
Lugar: Sede do COAG (Santiago de Compostela)
ergosfera.org | Información sobre o obradoiro
2024
- MESA DE DEBATE:
El continuo rural-urbano. El territorio en clave de políticas culturales, diversidad y (re)composición de la cultura contemporánea
Foro: X Encuentro Cultura y Ciudadanía - 10 años. Desplazamientos, desafíos y deseos para nuestro sistema cultural
Organización: Subdirección General de Cooperación Cultural con las Comunidades Autónomas - Ministerio de Cultura
Fecha: 25 de noviembre de 2024
Lugar: Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela)
culturayciudadania.cultura.gob.es | Información sobre el evento
youtube.com | Vídeo de la mesa de debate (Intervención de Ergosfera: 41:40 > 48:55) - MESA DE DEBATE:
Ás voltas coa festa: arquitectura, comunidade, activismo e cambio social
Foro: Xornada (Re)pensar a verbena: novas e vellas formas de facer a festa en Galicia / Proxecto de investigación PALCOS (Cultura material e festa na paisaxe rururbana galega)
Organización: INCIPIT-CSIC (Coordinación: Iñigo Sánchez-Fuarros)
Data: 9 de marzo de 2024
Lugar: Centro de Emprendemento A Estación, Galegos, Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)
palcos.gal | Información sobre a xornada
2023
- ROTEIRO:
Roteiro comentado por Goiáns: cara onde mirar para imaxinar futuros sustentables do territorio?
En colaboración con: Cristina Botana
Foro: Creative Jam - The New European Bauhaus: Society, Inclusion, Equality
Organización: Rural Youth of Europe + Asociación Amicos
Data: 16 de novembro de 2023
Lugar: Goiáns (Boiro)
ergosfera.org | Información sobre o roteiro (introdución e mapa)
twitter.com | Pequena crónica e imaxes do roteiro
2022
- ROTEIRO:
Roteiro comentado por Ortigueira
Foro: VII Xornadas de Bioconstrución - Bioconstrución no medio urbano
Organización: ESPIGA (Asociación Galega para a Bioconstrución)
Data: 18 de setembro de 2022
Lugar: Ortigueira
ergosfera.org | Información sobre o roteiro (introdución, mapa e imaxes)
youtube.com | Vídeo resumo do roteiro
2018
- PUBLICACIÓN:
#Feísmo
Medio: Apartado del artículo «Urbanismos y culturas: ¿cómo nos relacionamos con lo popular, lo imprevisible y lo genérico?», publicado en Kulturtopías: imaginarios para las culturas comunitarias, Ayuntamiento de Zaragoza, 2018, pp. 65-76.
Fecha: Mayo de 2018
ergosfera.org | Texto completo | ESP
issuu.com | Texto publicado (libro completo) | ESP
2017
- PRESENTACIÓN:
Teoría da paisaxe. Xusto recoñecemento ou nova colonización?
Foro: Somos paisaxe - VI Xornadas de Urbanismo e Socioloxía
Organización: Grupo de Estudos Territoriais (GET)
Data: 27 de abril de 2017
Lugar: Facultade de Socioloxía, Universidade da Coruña (A Coruña)
ergosfera.org | Introdución
2016
- ROTEIRO-OBRADOIRO:
O que pode unha liña. Comúns, feminismos e ruralidades nas estradas-rúa galegas
Foro: Programa de Estudos en Mancomún (PEMAN)
Organización: Montenoso + Rede Revolta de Agroecoloxía
Data: 26 de novembro de 2016
Lugar: Friol > A Pereira - Carballo (Friol)
ergosfera.org | Introdución + Materiais de traballo
estudosenmancomun.gal | Entrevista en Radio PEMAN
estudosenmancomun.gal | Documentación Módulo Urbanismo & Comúns (PEMAN) | GAL
estudosenmancomun.gal | Todo o que nos contou a liña que une Friol cos montes de Carballo (PEMAN) | GAL
histagra.usc.es | O inacabado como potencia guiou a conversa en Friol da man do Programa de Estudos (Grupo de investigación HISTAGRA, 30-11-2016) | GAL-ESP-ENG
sustainableplaceshaping.net | A trip across Galician territory: building the rural and the commons (Marta Nieto Romero, 29-11-2016) | ENG
2015
- PUBLICACIÓN:
Chalés sobre espacios productivos. Una nueva tipología arquitectónica en el territorio gallego
Medio: Bartlebooth Mag N° 4 (Las virtudes), Bartlebooth, 2015.
Fecha: Junio de 2015
ergosfera.org | Documento completo | ESP | PDF (21 MB) - PUBLICACIÓN:
Cartography of a festive state. The agreement of Cans
In collaboration with: Juan Creus Andrade + Alejandro Álvarez Blanco
Media: Bulletin of People-Environment Studies N° 42, IAPS (International Association for People-Environment Studies), 2015, pp. 29-36.
Date: February 2015
issuu.com | Full document | ENG - MESA DE DEBATE:
Anteproxecto de Lei do Solo de Galicia
Organización: Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG)
Data: 3 de febreiro de 2015
Lugar: Delegación de Coruña do COAG (A Coruña)
ergosfera.org | Introdución e documentación
youtube.com | Vídeo da mesa de debate (Intervención de Ergosfera: 1:01:30 > 1:15:55)
2014
- POST:
El debate continúa: textos varios y primeros contactos con la patrulla anti-feísmo
Fecha: 16 de diciembre de 2014
ergosfera.org | Post en el blog Horizonte de Sucesos - POST:
Marmolería-Casa en la N-VI (Outeiro de Rei, Lugo)
Fecha: 3 de mayo de 2014 (actualizado en febrero de 2015)
ergosfera.org | Post en el blog Horizonte de Sucesos
2013
- OBRADOIRO:
Vida y milagros del Alg-a Lab en el Strip de Valadares
Foro: AACC Galiza - VI Encuentro de Arquitecturas Colectivas (o obradoiro formaba parte ademais de TTCC Valadares, un proxecto desenvolvido xunto a Tecnoloxías Apropiadas)
Organización: Arquitecturas Colectivas
Fecha: 11-14 de septiembre de 2013
Lugar: Valadares (Vigo)
territorioscolectivos.alg-a.org | Introdución | GAL-ESP
territorioscolectivos.alg-a.org | Web de TTCC Valadares | GAL-ESP - PRESENTACIÓN:
Desde Sarria con amor: medianeras, urbanismo y confusión
Organización: Rede Arquitectos + Asociación CreArte
Fecha: 25 de enero de 2013
Lugar: Sociedad La Unión (Sarria, Lugo)
ergosfera.org | Introdución
2012
- PUBLICACIÓN:
Territorios desprezados-pero-sen-prezo
Territorios despreciados-pero-sin-precio
Medio: Derritaxes N° 9 (Eco-políticas), Proxecto Derriba Edicións, 2012.
Data: Maio de 2012
ergosfera.org | Artigo revisado | ESP | PDF (0,5 MB)
proxectoderriba.org | Artigo publicado (revista completa) | GAL | PDF (11 MB) - POST:
La ordenanza de terrazas: un nuevo intento de regulación estético-política de la ciudad
Fecha: 24 de febrero de 2012
ergosfera.org | Post en el blog Horizonte de Sucesos
2011
- PRESENTACIÓN + MESA DE DEBATE:
Eu si quero feísmo na miña paisaxe!
Foro: A cuestión contemporánea - Obradoiros Universidade Invisíbel 2011
Organización: Ergosfera (como parte da Universidade Invisíbel)
Data: 15 de decembro de 2011
Lugar: Fundación Luis Seoane (A Coruña)
ergosfera.org | Introdución (I)
youtube.com | Vídeo da presentación (32 min.)
youtube.com | Vídeo da presentación e mesa de debate (180 min.)
slideshare.net | Imaxes da presentación
ergosfera.org | Imaxes da presentación | PDF (14,4 MB)
ergosfera.org | Introdución (II) - PRESENTACIÓN:
Eu si quero feísmo na miña paisaxe!
Foro: PechaKucha Night Ferrol Vol.V
Organización: STGO
Data: 28 de outubro de 2011
Lugar: Teatro Jofre (Ferrol)
pechakucha.org | Vídeo da presentación (6 min.) - PRESENTACIÓN:
Hackeando que es feísmo
Foro: MeigHacks - Hackmeeting 2011
Fecha: 22 de octubre de 2011
Lugar: CSOA Palavea (A Coruña) - PRESENTACIÓN:
Eu si quero feísmo na miña paisaxe!
Foro: Foro Espazos Públicos - Día Mundial da Arquitectura 2011
Organización: Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG)
Data: 3 de outubro de 2011
Lugar: Delegación de Ferrol do COAG (Ferrol) - FOTOGRAFÍAS:
Villa Somier (Covas, Viveiro)
Data: 28 de setembro de 2011
flickr.com | Fotografías
Malpica, 24 de xullo de 2017 | Ergosfera
Eu si quero feísmo na miña paisaxe!
MEDIOS:
- 04/02/2025 | TVG
Participación no programa O termómetro ("O feísmo: enxeño ou atrocidade?")
Intervención de Ergosfera: 01:03:20 > 01:05:25 - 23/03/2024 | ICON / El País | Nacho Sánchez
De sostener colchones a integrarse en el paisaje: cómo el somier conquistó el campo español
Se ha convertido en una herramienta sostenible, fácil de transportar y, sobre todo, que cumple con su cometido con efectividad | Aunque tiene un gran impacto visual en los senderos y comparte protagonismo con otro clásico, la bañera, reconvertida en abrevadero para animales - 23/07/2021 | Cadena SER
Participación no programa Hoy por Hoy Magazine
Intervención de Ergosfera: 07:00 > 18:55 - 29/10/2020 | Nós Diario | Raquel C. Pérez
Feísmo, un caixón de xastre nun debate en construción
O xeógrafo Xosé M. Santos sostén que este concepto negativo trata de maneira superficial e culpabilizadora as problemáticas que di sinalar e convida a deixar de empregalo nos debates sobre o territorio | En tanto, o profesor de Bioloxía Pablo Ramil sostén que abarca o "exemplo dunha paisaxe mal xestionada e serve para achegar unha explicación menos técnica ao público" - 30/08/2020 | Público | Henrique Mariño
¿Feísmo gallego? No son chapuzas, es reciclaje
Arquitectos y sociólogos defienden la reutilización de materiales de desecho en el rural y critican la censuradora visión urbanita - 30/01/2020 | Galicia Confidencial | Uxía Iglesias
Territorio e identidade: camiñamos cara a cidades sen memoria?
Coidar o patrimonio e as identidades locais dunha mesma cidade son as claves para que as historias da nosa xeografía non morran polo camiño da especulación urbanística - 25/08/2019 | Faro de Vigo | Elena Álvarez
¿Feismo en Galicia?
El feísmo es la tendencia artística que valora estéticamente lo feo, pero en arquitectura, si hablamos de feísmo viene a la cabeza Galicia, ¿por qué? - 19/04/2019 | El Progreso | Cristina Campillo de Andrés
Feísmo: ¿pero de qué me hablas? - 26/09/2017 | Público | Luis Landeira
Feísmo arquitectónico gallego: el cómo y el por qué - 20/03/2015 | El País de los Estudiantes | Ana Ferrín Blanco (I.E.S. Nº1 de Ordes)
Fin do feísmo?
A nova Lei do Solo de Galicia ten como principal obxectivo a eliminación do feísmo da paisaxe galega - 08/11/2014 | V Televisión
Participación en el programa Informe en V ("Atentado a la vista")
Intervenciones de Ergosfera: 21:25 > 22:30 + 23:30 > 25:10 - 03/11/2014 | El Entorno Metropolitano A Mariña | Diana Mandiá
La defensa del "feísmo" - 21/10/2014 | Radio Galega
Participación no programa Galicia por Diante
Intervención de Ergosfera: 15:05 > 40:35 - 26/11/2013 | Cuac FM
Participación no programa Recendo
Intervención de Ergosfera (sobre este tema): 34:55 > 36:40 - 24/11/2013 | ABC | Patricia Abet
«Reutilizar somieres puede ser una opción posible y valorable»
Algunas asociaciones defienden las virtudes del feísmo en Galicia - 09/01/2013 | S Moda | Brenda Otero
Pasión por lo feo
La sobredosis de buen gusto provoca un revulsivo que ensalza lo poco agraciado | Cada vez son más los que se rebelan contra la dictadura de lo bonito - 28/06/2012 | Terra e Territorio
Ergosfera: eu quero feísmo na miña paisaxe! - 04/01/2012 | Que pasa na Costa | Redacción
Feismo de vangarda - 02/01/2012 | Culturagalega | Redacción
Feísmo en positivo
Un foro do colectivo Ergosfera analiza a complexidade e as virtudes deste fenómeno - 21/12/2011 | Radio Galega
Participación no programa A tarde
Intervención de Ergosfera: 02:50 > 20:25 - 16/12/2011 | El Mundo | Marcos Nebreda
Las desconocidas bondades del feísmo en el rural gallego
La asociación Ergosfera reivindica las ventajas del fenómeno | Contrarios a la legislación que trata de borrarlo del mapa gallego | Reciclaje, colaboración pública y cultura popular, puntos positivos | El pueblo de Cans o 'Villa Somier', ejemplos de esa otra cara del feísmo - 15/12/2011 | La Opinión A Coruña | Luis P. Ferreiro
Democracia urbanística
El grupo Ergosfera organiza una reunión de expertos sobre los puntos positivos del 'feísmo' - 14/12/2011 | La Opinión A Coruña | Redacción
Arquitectos debaten las virtudes del 'feísmo' arquitectónico
La Universidade Invisíbel celebra esta tarde en la Fundación Luis Seoane la jornada de debate Eu si quero feísmo na miña paisaxe! - 04/10/2011 | Diario de Ferrol | C.R.C.
La posibilidad de que un somier sea un objeto de diseño - 18/01/2011 | Cuac FM
Participación no programa Recendo
Intervención de Ergosfera (sobre este tema): 55:20 > 57:15
Outeiro de Rei, 16 de abril de 2014 | Ergosfera
Eu si quero feísmo na miña paisaxe!
INFORMACIÓN E REFERENCIAS:
- LOSADA, César (Observer). «Undead Places. Diasporas & the empty spaces of capitalism. A spectre is hunting Europe... the spectre of decrease». Arquitectura entrelíneas, 07-08-2014.
- LOSADA, César (Observer). «La gentrificación del rural. El paisaje gallego (feo, pobre, mutante y bastardo) frente al imperio del turismo». Arquitectura entrelíneas, 20-11-2013.
- LOSADA, César (Observer). «Aprés le Feismo» [#1 / #2: Discurso, figura / #3 / #4 / #5: Apuntes / #6: Neolengua (viperina)]. Pero tú a esto le llamas arte?, 11 – 18-12-2011.
Recompilación de textos e outros documentos de interese nos que se intenta entender o "feísmo" como unha realidade produtiva cuxo debate non pode centrarse unicamente nas cuestións estéticas:
- NOVAS, María; PLLUMBI, Dorina. «Observing the Architectural Stigma of Ugliness: The Cases of Albania and Galicia». In: VAN DEN HEUVEL, D., TANIS, F., and HWANG, S. A. (eds.). The Observers Observed: Architectural Uses of Ethnography. Proceedings of the 8th Annual Conference of the Jaap Bakema Study Centre. Delft: TU Delft and Het Nieuwe Instituut, 2021.
- PEREIRA MARTÍNEZ, David. «Common buildings as a controversial heritage: material and cultural requalification». En: ORDÓÑEZ CASTAÑÓN, David (ed.). II Jornadas Doctorales Interuniversitarias. Programa de Doctorado en Patrimonio Arquitectónico, Civil, Urbanístico y Rehabilitación de Construcciones Existentes (UPV/EHU, UC, UPC). Bilbao: Universidad del País Vasco, 2018.
- COTA, Rodrigo. «Feísmo». Diario de Pontevedra, 07-08-2016.
- CALDAS ÁLVAREZ, Beatriz. Transgresión popular frente a norma estética: el feísmo gallego. Trabajo de Fin de Grado (TFG), Universidad Politécnica de Madrid, 2016.
- FASIDA, Xoel. «Galicia habla de feísmo que el urbanismo no importa». TYS Magazine, 22-05-2015.
- RAMIL REGO, Pablo; FERREIRO DA COSTA, Javier. Guía de campo para la interpretación del feísmo en el paisaje gallego. Lugo: Horreum, 2015.
- VALVERDE, Iago. «Feísmos II. Non nos entenden, non». Arquitectura de Galicia, 23-12-2014.
- FARIÑA, José. «Feísmo y paisaje rural en Galicia». El Blog de José Fariña. Urbanismo, Territorio y Paisaje, 12-11-2014.
- VALVERDE, Iago. «Feísmos I. Imbéciles e escuros». Arquitectura de Galicia, 12-11-2014.
- SANTALLA, Luis. «Por lembrar o Foro Internacional do Feismo». Arquitectura de Galicia, 28-10-2014.
- Inteligencias Colectivas. «IC Extra! – Galicia mon amour // Entremés I». La ciudad viva, 23-10-2014.
- VV. AA. Cosmética territorial. Kardo (Revista do Observatorio Galego do Territorio), 16-03-2014 – 27-10-2014.
- ZÉ, Xúlio (Niquelarte). «Ressarcimento». Canibalismo Patrimonial Periférico, 21-01-2013.
- DOMINGUES, Álvaro. «A non cidade no N.O. da península. E-conversas en territorios transxénicos con Alvaro Domingues» + «Para saír do caos» + «Imaxes faladas: Cantas palabras vale unha imaxe ou que sentido ten iso» + «Identidades». En: CREUS ANDRADE, Juan; GALLEGO PICARD, Pablo; QUESADA LÓPEZ, Fernando (eds.). O Monografías, Vol. 6 (Cidade II / Ciudad II / City II). Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2010.
- VV. AA. II Foro Internacional do Feísmo. Construír un País: A rehumanización do territorio. Vídeos das ponencias celebradas en Ourense os días 4, 5 e 6 de maio de 2007.
- VV. AA. Feísmo? Destruír un país. A fin do territorio humanizado: Un novo intracolonialismo. Ourense: Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2006.
- COUCEIRO MOURIÑO, Cándido. «Comentarios sobre el "feísmo" y el rural gallego». Nómada, blog de Juan Freire, 15-12-2005.
- LIZANCOS MORA, Plácido. A casa contemporánea en Galicia. Vigo: A Nosa Terra, 2005.
- GALLEGO PICARD, Pablo. Centros da Terra. Santiago de Compostela: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 1999.
- CREUS ANDRADE, Juan; GALLEGO PICARD, Pablo. Terra. Santiago de Compostela: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 1999.
- CREUS ANDRADE, Juan; GALLEGO PICARD, Pablo; CARRASCO LÓPEZ, Covadonga. Viaxe á Fin da Terra. Santiago de Compostela: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 1999.
- CREUS ANDRADE, Juan; GALLEGO PICARD, Pablo. A terra das mil belezas. Santiago de Compostela: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 1998.
- GALLEGO PICARD, Pablo; SOUTO, Xurxo. A aldea terremota. Santiago de Compostela: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 1997.
Sarria, 26 de xaneiro de 2013 | Ergosfera
Eu si quero feísmo na miña paisaxe!
CRÉDITOS:
Ergosfera (Partidarios da Cidade Sociedade Cooperativa Galega)
Neste proxecto: Iago Carro, Cristina Canto, Pablo P. Golpe (2011-2018), Ricardo Leonardo (2011-2018), Tono Mejuto (2011-2014), Jorge Lamas (2011-2014), Borja Díaz (2012-2014) e Rosendo González (2011).
LICENZA
Toda a documentación producida como parte deste proxecto pódese utilizar e transformar libremente e para calquera fin baixo unha licenza Creative Commons Atribución - Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-SA 4.0).
WEB
Esta páxina web, realizada por Ergosfera, foi publicada o 16 de decembro de 2014 e a súa última actualización realizouse o 28 de abril de 2026.