Eu si quero feísmo na miña paisaxe!

Eu si quero feísmo na miña paisaxe!
Eu si quero feísmo na miña paisaxe! é un proxecto de investigación sobre o territorio galego contemporáneo desenvolvido por Ergosfera desde 2011 e centrado na análise das calidades detectadas en moitos dos procesos e cousas urbanas relacionadas cun fenómeno non teorizado, pero denominado "feísmo", que as novas leis e normativas urbanísticas pretenden eliminar sen reflexión previa.


A primeira fase do proxecto concluíu coa definición de seis destes conceptos-calidades, vinculados, seguro que non por casualidade, a cuestións como a cultura libre ou a filosofía hacker: 1) a reutilización das novas materias primas do noso espazo-tempo (refugallos, excedentes, etc.); 2) o incrementalismo como forma racional e gradual-pero-non-lineal de evolución dos procesos autónomos e/ou colectivos; 3) a posibilidade da transgresión con respecto aos modelos convencionais; 4) os procesos de auto-replicación sen necesidade de publicidade e hiper-consumo; 5) a representación de subxectividades e desexos cidadáns na esfera pública; e 6) a importancia do grao de manipulabilidade das contornas producidas.

A partir deste primeiro achegamento centrado na escala parcelaria ou arquitectónica, o traballo continuou cunha mirada optimista sobre algúns dos produtos dunha cultura urbanística xenérica en Galicia e baseada en condicións como: a) a mestura (en contigüidade ou superposición, de usos, tipoloxías e cheos e baleiros) e a alinearidade (de alturas e aliñacións da edificación); b) a procesualidade mencionada anteriormente, pero entendida tamén desde outras escalas e desde a resignificación do concepto do inacabado, un dos grandes inimigos da idea hexemónica de orde pero que adquire lexitimidade a través do estudo das calidades e potencias dalgunhas das súas materializacións máis comúns en Galicia, como as vivendas unifamiliares incrementais (ou o acceso á vivenda sen hipoteca, á marxe da cultura da débeda); e c) a pervivencia do substrato catastral e patrimonial preindustrial e o seu diálogo e mutación coas lóxicas urbanas contemporáneas.

Desde estas coordenadas, comezáronse a estudar diferentes cuestións específicas. Desde a escala territorial, fixouse a atención nas estradas-rúa, o elemento que estrutura e conforma a urbanidade dominante en boa parte do territorio galego. Desde a escala urbana, traballouse principalmente sobre os tecidos urbanos de edificación descontinua, unha formalización urbanística novedosa que baixo a percepción dos baleiros-medianeiras agocha unha complexidade real e potencial do máximo interese. E desde a escala da parcela, o proxecto procurou a identificación de novas tipoloxías arquitectónicas capaces de abrir debates en termos de funcionalidade, identidade, patrimonalidade ou monumentalidade: algunhas derivadas da mestura radical de usos, como os chalés sobre espazos produtivos; outras orixinadas pola "calcificación" dos estados intermedios do proceso edificatorio cíclico, como as construcións con baleiros nalgunha das súas alturas; outras xurdidas de procesos de edificación e reconversión urbanística directa do parcelario de orixe rural; e outras facilitadas pola evasión das lóxicas estéticas e materiais hexemónicas que posibilitan os procesos autoconstructivos, principalmente nas edificacións adxectivas.

A condición procesual e informal deste traballo, desenvolvido intermitentemente desde setembro de 2011, fai que se compoña por agora das pezas heteroxéneas recompiladas a continuación por orde cronolóxica, xa que se producen segundo van aparecendo oportunidades para compartilas a través de presentacións, publicacións, obradoiros, roteiros, mesas de debate e outros materiais.
Viveiro, 28 de setembro de 2011
Viveiro, 28 de setembro de 2011  |  Tono Mejuto (Ergosfera)
Eu si quero feísmo na miña paisaxe!

PROCESO E MATERIAIS:

2025

2024

2023

2022

2018

2017

2016

2015

  • PUBLICACIÓN:

    Chalés sobre espacios productivos. Una nueva tipología arquitectónica en el territorio gallego



    Medio: Bartlebooth Mag N° 4 (Las virtudes), Bartlebooth, 2015.
    Fecha: Junio de 2015


    ergosfera.org  |  Documento completo  |  ESP  |  PDF (21 MB)



  • PUBLICACIÓN:

    Cartography of a festive state. The agreement of Cans



    In collaboration with: Juan Creus Andrade + Alejandro Álvarez Blanco

    Media: Bulletin of People-Environment Studies N° 42, IAPS (International Association for People-Environment Studies), 2015, pp. 29-36.
    Date: February 2015


    issuu.com  |  Full document  |  ENG



  • MESA DE DEBATE:

    Anteproxecto de Lei do Solo de Galicia



    Organización: Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG)
    Data: 3 de febreiro de 2015
    Lugar: Delegación de Coruña do COAG (A Coruña)


    ergosfera.org  |  Introdución e documentación

    youtube.com  |  Vídeo da mesa de debate (Intervención de Ergosfera: 1:01:30 > 1:15:55)

2014

  • POST:

    El debate continúa: textos varios y primeros contactos con la patrulla anti-feísmo



    Fecha: 16 de diciembre de 2014

    ergosfera.org  |  Post en el blog Horizonte de Sucesos



  • POST:

    Marmolería-Casa en la N-VI (Outeiro de Rei, Lugo)



    Fecha: 3 de mayo de 2014 (actualizado en febrero de 2015)

    ergosfera.org  |  Post en el blog Horizonte de Sucesos

2013

  • OBRADOIRO:

    Vida y milagros del Alg-a Lab en el Strip de Valadares



    Foro: AACC Galiza - VI Encuentro de Arquitecturas Colectivas (o obradoiro formaba parte ademais de TTCC Valadares, un proxecto desenvolvido xunto a Tecnoloxías Apropiadas)
    Organización: Arquitecturas Colectivas
    Fecha: 11-14 de septiembre de 2013
    Lugar: Valadares (Vigo)


    territorioscolectivos.alg-a.org  |  Introdución  |  GAL-ESP

    territorioscolectivos.alg-a.org  |  Web de TTCC Valadares  |  GAL-ESP



  • PRESENTACIÓN:

    Desde Sarria con amor: medianeras, urbanismo y confusión



    Organización: Rede Arquitectos + Asociación CreArte
    Fecha: 25 de enero de 2013
    Lugar: Sociedad La Unión (Sarria, Lugo)


    ergosfera.org  |  Introdución

2012

  • PUBLICACIÓN:

    Territorios desprezados-pero-sen-prezo


    Territorios despreciados-pero-sin-precio

    Medio: Derritaxes N° 9 (Eco-políticas), Proxecto Derriba Edicións, 2012.
    Data: Maio de 2012


    ergosfera.org  |  Artigo revisado  |  ESP  |  PDF (0,5 MB)

    proxectoderriba.org  |  Artigo publicado (revista completa)  |  GAL  |  PDF (11 MB)



  • POST:

    La ordenanza de terrazas: un nuevo intento de regulación estético-política de la ciudad



    Fecha: 24 de febrero de 2012

    ergosfera.org  |  Post en el blog Horizonte de Sucesos

2011

  • PRESENTACIÓN + MESA DE DEBATE:

    Eu si quero feísmo na miña paisaxe!



    Foro: A cuestión contemporánea - Obradoiros Universidade Invisíbel 2011
    Organización: Ergosfera (como parte da Universidade Invisíbel)
    Data: 15 de decembro de 2011
    Lugar: Fundación Luis Seoane (A Coruña)


    ergosfera.org  |  Introdución (I)

    youtube.com  |  Vídeo da presentación (32 min.)

    youtube.com  |  Vídeo da presentación e mesa de debate (180 min.)

    slideshare.net  |  Imaxes da presentación

    ergosfera.org  |  Imaxes da presentación  |  PDF (14,4 MB)

    ergosfera.org  |  Introdución (II)



  • PRESENTACIÓN:

    Eu si quero feísmo na miña paisaxe!



    Foro: PechaKucha Night Ferrol Vol.V
    Organización: STGO
    Data: 28 de outubro de 2011
    Lugar: Teatro Jofre (Ferrol)


    pechakucha.org  |  Vídeo da presentación (6 min.)



  • PRESENTACIÓN:

    Hackeando que es feísmo



    Foro: MeigHacks - Hackmeeting 2011
    Fecha: 22 de octubre de 2011
    Lugar: CSOA Palavea (A Coruña)



  • PRESENTACIÓN:

    Eu si quero feísmo na miña paisaxe!



    Foro: Foro Espazos Públicos - Día Mundial da Arquitectura 2011
    Organización: Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG)
    Data: 3 de outubro de 2011
    Lugar: Delegación de Ferrol do COAG (Ferrol)



  • FOTOGRAFÍAS:

    Villa Somier (Covas, Viveiro)



    Data: 28 de setembro de 2011

    flickr.com  |  Fotografías
Malpica, 24 de xullo de 2017
Malpica, 24 de xullo de 2017  |  Ergosfera
Eu si quero feísmo na miña paisaxe!

MEDIOS:

Recompilación de novas en xornais e outros medios de comunicación e programas de radio ou televisión onde se menciona o proxecto ou onde nos preguntaron sobre o fenómeno do "feísmo":

Outeiro de Rei, 16 de abril de 2014
Outeiro de Rei, 16 de abril de 2014  |  Ergosfera
Eu si quero feísmo na miña paisaxe!

INFORMACIÓN E REFERENCIAS:

Recompilación dos posts de Observer (colaborador en varias das actividades do proxecto e cuxo traballo é un dos nosos principais referentes) relacionados directamente coa cuestión do chamado "feísmo" e os territorios onde acontece:



Recompilación de textos e outros documentos de interese nos que se intenta entender o "feísmo" como unha realidade produtiva cuxo debate non pode centrarse unicamente nas cuestións estéticas:

Sarria, 26 de xaneiro de 2013
Sarria, 26 de xaneiro de 2013  |  Ergosfera
Eu si quero feísmo na miña paisaxe!

CRÉDITOS:

PROXECTO

Ergosfera (Partidarios da Cidade Sociedade Cooperativa Galega)

Neste proxecto: Iago Carro, Cristina Canto, Pablo P. Golpe (2011-2018), Ricardo Leonardo (2011-2018), Tono Mejuto (2011-2014), Jorge Lamas (2011-2014), Borja Díaz (2012-2014) e Rosendo González (2011).


LICENZA

Toda a documentación producida como parte deste proxecto pódese utilizar e transformar libremente e para calquera fin baixo unha licenza Creative Commons Atribución - Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-SA 4.0).


WEB

Esta páxina web, realizada por Ergosfera, foi publicada o 16 de decembro de 2014 e a súa última actualización realizouse o 28 de abril de 2026.