Ámbitos de transformación urbanística e veciñanzas afectadas
Última actualización (Versión): 20/02/2018 (V.03)
1.- Ámbitos de transformación urbanística delimitados no PXOM da Coruña de 2013
O primeiro paso para identificar as comunidades veciñais ás que lle pode afectar a presión urbanística na Coruña é analizar todos os ámbitos para os que o PXOM vixente propón unha transformación.
É preciso remarcar que este proxecto só se centra nas edificacións afectadas por instrumentos urbanísticos complexos, é dicir, por plans de transformación ou expansión urbana contemplados nas fichas urbanísticas do PXOM, deixando para futuras continuacións do traballo a análise do resto de edificacións ameazadas polo planeamento vixente (por estar fóra de ordenación, por experimentar un cambio radical nas súas condicións de edificabilidade, etc.).
Unha vez fixados os límites deste estudo, a partir da normativa urbanística e a cartografía do PXOM obtéñense os seguintes datos sobre os ámbitos de transformación:
Figuras de planeamento dos ámbitos de transformación urbanística delimitados no PXOM da Coruña de 20131 |
Número de delimitacións1 |
Superficie2 (km²) |
Porcentaxe sobre as figuras (%) |
Porcentaxe sobre o municipio3 (%) |
SUD (Solo Urbanizable Delimitado) |
11 |
4,029 |
25,531 |
10,659 |
SGA SUD (Sistema Xeral Adscrito a SUD) |
6 |
0,820 |
5,196 |
2,169 |
SURT (Solo Urbanizable en Réxime Transitorio) |
3 |
1,701 |
10,779 |
4,500 |
SGA SURT (Sistema Xeral Adscrito a SURT)4 |
1 |
0,138 |
0,874 |
0,365 |
PEMD (Plan Especial de Mellora e Desenvolvemento) |
11 |
0,334 |
2,116 |
0,884 |
PET (Plan Especial de Transformación) |
3 |
0,516 |
3,270 |
1,365 |
PE (Plan Especial / Plan Especial de Reforma Interior) |
9 |
2,000 |
12,673 |
5,291 |
SGA PE (Sistema Xeral Adscrito a PE) |
1 |
0,001 |
0,006 |
0,003 |
POL (Polígono / Polígono de Execución) |
51 |
1,174 |
7,439 |
3,106 |
API (Área de Planeamento Incorporado) |
37 |
4,213 |
26,697 |
11,145 |
Accións (EG, EL, IG, QG, QL, VG e VL)5 |
32 |
0,855 |
5,418 |
2,262 |
TOTAL |
165 |
15,781 |
100,000 |
41,749 |
no PXOM da Coruña de 2013 |
||||
1 Datos: Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña (Concello da Coruña, 2013). Aínda que se traduciu o idioma orixinal da denominación das figuras de planeamento, respetouse o acrónimo para non dificultar a lectura das fichas urbanísticas.
|
||||
A situación é, polo tanto, a seguinte: o PXOM de 2013 define 165 ámbitos de transformación urbanística no municipio da Coruña, que se corresponden con 11 tipos de figuras de planeamento, e que ocupan unha superficie total de 15,8 km², algo máis do 40% da superficie municipal.
Como se pode observar no seguinte gráfico, os diferentes tipos de ámbitos de transformación poden vir derivados da clasificación do solo, pero tamén da súa condición de sistemas xerais ou de instrumentos de planeamento ou xestión. O que teñen en común estas 165 delimitacións é que o PXOM define, con máis e menos precisión segundo o tipo de figura de planeamento do que se trate, unha transformación urbanística do territorio afectado.

G.2.- Figuras de planeamento definidas no PXOM da Coruña de 2013 en relación cos ámbitos de transformación urbanística
|
Nas seguintes cartografías temáticas pódese observar a situación destes ámbitos e as súas condicións urbanísticas máis relevantes: a figura de planeamento, a clasificación do solo e o sistema de actuación definidos para cada caso nas cartografías e nas fichas urbanísticas do PXOM.

P.1.- Figuras de planeamento nos ámbitos de transformación urbanística delimitados no PXOM da Coruña de 2013
|

P.2.- Clasificación do solo nos ámbitos de transformación urbanística delimitados no PXOM da Coruña de 2013
|

P.3.- Sistemas de actuación nos ámbitos de transformación urbanística delimitados no PXOM da Coruña de 2013
|

P.4.- Superficie municipal afectada polos plans de transformación urbanística formulados no PXOM da Coruña de 2013
|
Unha vez definidos os ámbitos de transformación formulados no PXOM, o seguinte paso será averiguar as comunidades que habitan estes territorios, xa que moitos deles non contan con poboación na actualidade, e outros, aínda que si a teñen, o planeamento non implica a eliminación das edificacións preexistentes e o desprazamento das súas veciñanzas.
Para iso pártese da cartografía catastral máis actualizada (a versión de maio de 2017), seleccionándose todo o parcelario incluído, parcial ou totalmente, dentro dalgún dos ámbitos de transformación delimitados no PXOM:

P.5.- Parcelario catastral incluído nos ámbitos de transformación urbanística delimitados no PXOM da Coruña de 2013
|
Como se pode apreciar nunha análise superficial, a cartografía catastral non se corresponde coa realidade en moitos dos ámbitos estudados. Co obxectivo de actualizala, realízanse as seguintes modificacións:
- a) Elimínase o parcelario que consta como existente no catastro actual, pero que en realidade só está planificado e aínda non se materializou no territorio de ningún xeito visible.
- b) Engádese o parcelario que non consta no catastro actual, ben porque nunca foi introducido (como moitas das edificacións informais), ben porque foi eliminado e substituído por un novo parcelario derivado dun plan urbanístico aínda inexistente. Esta última situación é especialmente significativa, xa que o catastro é un dos documentos do mundo virtual que rematan tendo máis importancia que a realidade (as vivendas e veciñanzas existentes) á hora de tomar decisións urbanísticas e xurídicas sobre o territorio.

P.6.- Parcelario actual incluído nos ámbitos de transformación urbanística delimitados no PXOM da Coruña de 2013
|
A partir desta cartografía, máis acorde coa realidade, realízanse as seguintes operacións:
- a) Seleccionanse todas as parcelas con algún tipo de construción, xa sexa de uso residencial ou de outra actividade.
- b) Elimínase o parcelario que consta como construído, pero que xa non existe na actualidade (desaparecido e non actualizado no catastro) ou é inhabitable porque se atopa en situación de ruína total.

P.7.- Parcelario construído incluído nos ámbitos de transformación urbanística delimitados no PXOM da Coruña de 2013
|
Unha vez discriminado o parcelario construído situado nos ámbitos de transformación, as seguintes operacións son:
- a) Elimínase o parcelario construído que, aínda atopándose incluído nun destes ámbitos, non está directamente afectado porque o planeamento específico o inclúe na ordenación e non propón a súa eliminación.
- b) Elimínase o parcelario seleccionado debido a erros e faltas de coordinación entre cartografías que, en realidade, non está afectado ou só o estaría dun xeito mínimo.
- c) Elimínase o parcelario daqueles ámbitos onde xa se executou a transformación formulada no PXOM.

P.8.- Parcelario construído que o planeamento propón eliminar nos ámbitos de transformación urbanística delimitados no PXOM da Coruña de 2013
|
Como o proxecto está centrado no habitar, na residencia máis que no uso (pois, se se pretendera incorporar os usos agrícolas, forestais ou informais destes territorios, sería un traballo inabarcable nos tempos deste proxecto), o seguinte paso é a clasificación do parcelario resultante segundo o uso das súas construcións, diferenciando entre:
- a) Uso residencial: as vivendas, tanto as habitadas como as deshabitadas pero habitables.
- b) Usos dotacionais, industriais e terciarios: as edificacións de actividade continua, tanto as que están en uso na actualidade como as que non.
- c) Usos complementarios: as edificacións de actividade non habitables, como os alpendres e outros tipos de construcións anexas.
Esta clasificación realízase neste primeiro momento a partir da documentación cartográfica dispoñible e de ferramentas dixitais como Google Street View, deixando para o traballo de campo posterior a tarefa de revisión cara unha versión máis precisa e actualizada.

P.9.- Usos do parcelario construído que o planeamento propón eliminar nos ámbitos de transformación urbanística
|
Esta cartografía é o mapa inicial co que se inicia o traballo de campo para rematar a identificación das edificacións habitadas e as comunidades afectadas pola presión urbanística por novos desenvolvementos no municipio da Coruña.

P.10.- Parcelario de uso residencial que o planeamento propón eliminar nos ámbitos de transformación urbanística
|
Fontes e ferramentas empregadas no traballo cartográfico:
a) Os materiais cartográficos empregados como base para realizar este estudo foron:
- - A cartografía SIX do PXOM da Coruña de 2013 (Concello da Coruña, xaneiro de 2015), descargable desde o IDE.Coruña (Infraestructura de Datos Espaciales de A Coruña), o portal de acceso aos servizos de información xeográfica do Concello da Coruña.
- - A cartografía catastral máis actualizada (Dirección General del Catastro, maio de 2017) e a cartografía catastral histórica, ambas en formato vectorial e descargables desde a Sede Electrónica del Catastro.
- - A ortofotografía de "máxima actualidade" do PNOA (Instituto Geográfico Nacional, xullo de 2014), accedida desde o servizo de visualización WMS do Instituto Geográfico Nacional.
b) Como apoio ao traballo de campo e ao resto de tarefas de análise, utilizouse de xeito continuo a cartografía de OpenStreetMap, así como Google Maps, Google Street View e Goolzoom.
c) A documentación do PXOM consultada descargouse do inventario municipal do SIOTUGA (Sistema de Informacion de Ordenación do Territorio e Urbanismo de Galicia), salvo as fichas urbanísticas, que en boa calidade (formato PDF vectorial) só están dispoñibles no IDE.Coruña a través do visor en liña do Estado de desenvolvemento do PXOM de 2013.
d) Todo o traballo cartográfico, agás a maquetación final, realizouse co programa QGIS, un Sistema de Información Xeográfica (SIX), libre e de código aberto, impulsado pola Open Source Geospatial Foundation (OSGeo).
2.- Veciñanzas afectadas polos plans de transformación urbanística formulados no PXOM da Coruña de 2013
Para rematar a identificación das comunidades veciñais afectadas, o seguinte paso é o recoñecemento, a través da toponimia e da análise da forma urbana, dos lugares habitados afectados polos ámbitos de transformación. Este estudo céntrase na vivenda, xa que se considerou o problema máis prioritario, aínda que, como se pode observar no plano P.09, tamén hai moitas edificacións doutros usos afectadas polo PXOM.
Na seguinte cartografía pódense observar as comunidades identificadas nas que existen vivendas nunha situación contraditoria co PXOM e que, polo tanto, as súas veciñanzas se están a enfrontar, ou pódeno facer en calquera momento, ás presións urbanísticas para abandonalas.


P.11.- Barrios e lugares afectados polos plans de transformación urbanística formulados no PXOM da Coruña de 2013
|
Como complemento a esta análise cartográfica, no seguinte álbum de Flikr pódense ver as fotografías dalgúns dos lugares afectados. Unha serie de imaxes que axudan a entender as similitudes entre os tipos de obxectos, materialidades, tecidos e territorios urbanos ameazados polo PXOM.

E na seguinte táboa pódense consultar todos os barrios e lugares afectados, o distrito ao que pertencen, as figuras de planeamento que lles atinxen e o número de vivendas directamente afectadas en cada un deles.
Distritos1 |
Barrios e lugares2 afectados |
Figuras de planeamento3 |
Nº de vivendas4 afectadas |
Distrito 1 |
A Artística |
PE I29 - Refinería Sur |
8 |
Meicende |
PE I29 - Refinería Sur |
≈ 61 |
|
PE J31 - Fábrica de aluminios |
≈ 334 |
||
O Petón |
PE J31 - Fábrica de aluminios |
≈ 142 |
|
Pradeira (Comeanda) |
SUD 2 - Penamoa |
4 |
|
San Xosé |
VG-6 - Avenida de Finisterre 2 |
5 |
|
Distrito 2 |
A Gouxa (Visma) |
SUD 1 - O Portiño |
1 |
A Gramela |
SURT 1 - San Pedro de Visma |
6 |
|
A Pedra da Barca |
POL L20 - Los Fuertes |
8 |
|
SUD 1 - O Portiño |
3 |
||
Catro Ventos (Visma) |
SUD 1 - O Portiño |
3 |
|
Loureiro (Visma) |
EL-2 - Loureiro |
3 |
|
POL L21 - Lugar de Loureiro |
3 |
||
Monte de San Pedro |
SUD 1 - O Portiño |
3 |
|
O Campanario |
SGA SUD 2 - Monte de San Pedro |
1 |
|
SUD 1 - O Portiño |
≈ 77 |
||
O Coidal (Visma) |
SURT 1 - San Pedro de Visma |
2 |
|
O Portiño |
SGA SUD 1 b - O Portiño |
10 |
|
SGA SUD 2 - Monte de San Pedro |
8 |
||
Penamoa |
SUD 2 - Penamoa |
28 |
|
Porto de San Pedro de Visma (O Portiño) |
SGA SUD 1 b - O Portiño |
≈ 16 |
|
Distrito 3 |
A Cabana |
POL O34 - Lugar Someso I |
6 |
A Fontenova |
PEMD L26 - A Silva 1 |
2 |
|
POL L27 - Lugar Mouras Rejas I |
6 |
||
A Moura |
POL L28 - Lugar Mouras Rejas II |
10 |
|
SUD 2 - Penamoa |
8 |
||
A Silva de Abaixo |
PEMD M26 - A Silva 2 |
18 |
|
POL M26 - Lugar A Silva |
3 |
||
A Silva de Arriba |
POL M26 - Lugar A Silva |
13 |
|
SUD 2 - Penamoa |
1 |
||
Agra de San Cristovo |
POL N31.1 - Agra de San Cristóbal |
3 |
|
Cadaveiras (Someso) |
SUD 3 - O Martinete |
7 |
|
Marzán |
PE N31 - Lugar de Marzán |
4 |
|
PE O29 - San Cristóbal (Zona 1) |
8 |
||
O Birloque |
POL N34.1 - Lugar de O Birloque III |
3 |
|
O Martinete |
POL N33.1 - Lugar de O Birloque I |
1 |
|
POL N33.2 - Lugar de O Birloque II |
7 |
||
SGA SUD 3 a - O Martinete I |
1 |
||
SUD 3 - O Martinete |
4 |
||
VG-1 - Carretera 3ª Ronda - Polígono Vío |
4 |
||
Orra |
PE N31 - Lugar de Marzán |
8 |
|
Os Pichoutos (San Cristovo das Viñas) |
SGA SUD 4 - San Cristóbal |
2 |
|
Poboado das Rañas |
VG-1 - Carretera 3ª Ronda - Polígono Vío |
≈ 28 |
|
San Cristovo das Viñas |
POL N33.1 - Lugar de O Birloque I |
1 |
|
Someso |
SGA SUD 3 a - O Martinete I |
2 |
|
Distrito 4 |
Mesoiro |
PEMD M38 - Lugar Mesoiro II |
1 |
Ramallos (Mesoiro) |
SUD 3 - O Martinete |
7 |
|
Distrito 5 |
A Felga (Elviña) |
PE P37 - Ampliación Campus de Elviña y de A Zapateira |
3 |
A Pereiroa (Elviña) |
SURT 2 - Parque Ofimático |
4 |
|
Castro (Elviña) |
EL-7/QG - Espacio libre y equipamientos en el campus de Elviña |
1 |
|
PEMD P38 - O Castro de Elviña |
1 |
||
Lagar de Castro (Elviña) |
API O37 - Residencia Universitaria |
1 |
|
O Foxo / Agra do Foxo |
SUD 4 - Monte Mero |
13 |
|
VG-9 - Remodelación nudo Alfonso Molina |
1 |
||
San Vicenzo de Elviña |
PE P37 - Ampliación Campus de Elviña y de A Zapateira |
1 |
|
SURT 2 - Parque Ofimático |
1 |
||
Vidueiros / Altamira |
SUD 7 - A Zapateira I |
1 |
|
SUD 10 - A Zapateira III |
1 |
||
Distrito 6 |
A Canteira de Eirís |
POL Q32 - Calle Fray Pedro Rayo Piñeiro |
5 |
QL-1 - Equipamiento en Avda. Monelos |
3 |
||
A Pasaxe |
API S35 - Ría del Burgo |
29 |
|
Agramonte (Castrillón) |
API Q28 - Parque de Oza |
9 |
|
As Xubias de Abaixo |
API S35 - Ría del Burgo |
6 |
|
As Xubias de Arriba |
API S35 - Ría del Burgo |
19 |
|
Casabranca |
EL-5 - Lugar Casablanca |
5 |
|
Castrillón |
EL-4 - Castrillón |
1 |
|
POL R28.1 - Antonio Ríos II |
9 |
||
POL R29 - Miramar Castrillón |
6 |
||
Curramontes |
POL S32.3 - Lugar de Curramontes - Canalejo II |
2 |
|
Eirís de Abaixo |
SUD 4 - Monte Mero |
1 |
|
Eirís de Arriba |
API R33 - Eirís de Arriba II |
9 |
|
Fontaíña (Palavea) |
SUD 6 - Monte Alfeirán |
17 |
|
Leira do Campo (Monte das Moas) |
API R29 - Bergondo - C. Eirís - Oleoducto |
5 |
|
Monte Mero |
SUD 4 - Monte Mero |
12 |
|
O Corgo (Castrillón) |
API Q28 - Parque de Oza |
14 |
|
O Curro (Palavea) |
SUD 6 - Monte Alfeirán |
3 |
|
Pedralonga |
POL R36 - Lázaro Cárdenas |
2 |
|
SUD 4 - Monte Mero |
6 |
||
Pedro Fernández |
API S37 - Avda. de A Pasaxe |
1 |
|
SUD 4 - Monte Mero |
3 |
||
Poboado da Pasaxe |
API S35 - Ría del Burgo |
≈ 20 |
|
Río de Quintas |
PEMD S39 - Lugar Río de Quintas |
1 |
|
POL S38.2 - Río Quintas / Sta. Gema 2 |
1 |
||
Santa María de Oza |
QL-2 - Equipamiento en Calle Montes |
3 |
|
Distrito 7 |
- |
- |
- |
Distrito 8 |
A Falperra / Gurugú |
POL P25 - Calle Fuente Seca del Monte |
3 |
Agra dos Mallos |
POL O29 - A Sardiñeira |
8 |
|
Grupo de vivendas Juan Canalejo |
VG-5 - Ronda de Nelle - Avda. Arteixo |
6 |
|
Os Castros |
POL Q28.2 - Calle Montes |
9 |
|
POL R28.2 - Avenida General Sanjurjo |
5 |
||
POL R28.3 - Calle de la Merced |
7 |
||
Pedroso |
EL-3 - Calle Iberia |
5 |
|
Distrito 9 |
Agra do Orzán |
POL M22 - Parque del Agra |
1 |
Peruleiro |
POL M22 - Parque del Agra |
20 |
|
Distrito 10 |
Agra de San Amaro |
API Q16.2 - San Amaro - Orillamar |
1 |
As Atochas |
API Q18 - Calle Pintor Román Navarro |
13 |
|
VL-3 - Travesía de San José |
4 |
||
O Polvorín |
POL P16 - Calle Colón 1 |
3 |
|
Nº total de distritos afectados |
Nº total de barrios e lugares afectados |
Nº de figuras de planeamento diferentes que implican a eliminación de vivendas / Nº de ámbitos diferentes afectados |
Nº total de vivendas afectadas |
9 |
70 |
67 / 97 |
≈ 1.189 |
no PXOM da Coruña de 2013 |
|||
1 Os distritos aos que se refire este estudo son os delimitados no Mapa de distritos da Coruña (Concello da Coruña, 2016).
|
|||
Como se pode observar no plano e na táboa anterior, só nun dos distritos da Coruña non existen vivendas directamente ameazadas polo PXOM. O problema, porén, non está homoxeneamente distribuído polo termo municipal, xa que se observa unha gran concentración dos casos nos territorios complexos da primeira periferia (só conceptual) da área metropolitana, os espazos onde é máis radical o conflito entre as urbanidades preexistentes e o avance do control e da ordenación representativa da cidade central densificada.
As 1.189 vivendas identificadas pódense agrupar á súa vez en 70 barrios e lugares afectados, un dato que, ao cruzalo coas 67 figuras de planeamento diferentes (das 165 contempladas no PXOM) que operan sobre estes barrios e que implican a eliminación de vivendas habitadas ou habitables, dá como resultado os 97 ámbitos de transformación urbanística con vivendas afectadas que serán a base analítica deste proxecto, e que teñen en común, polo tanto, pertencer a un só barrio e estar baixo unha soa figura de planeamento.

P.12.- Ámbitos afectados polos plans de transformación urbanística formulados no PXOM da Coruña de 2013
|
