ANEXO: Xornada final-inicial
Última actualización (Versión): 26/02/2018 (V.03)
1.- Información previa
A xornada final-inicial desenvolverase o sábado 24 de febreiro de 2018 (a partir das 17:00h) no Centro Cívico Monelos (Avenida de Monelos, 2).
Cartel da xornada final-inicial #CoUrbanismoNosTalóns
Imaxe: Elaboración propia, sobre a ortofotografía do PNOA (2014) e a cartografía catastral (2015)
Descarga: Cartel A2 / PDF / 9,4 MB
|
Tras a conclusión das actividades formuladas no marco do
Co-Lab (os tres roteiros e os dous encontros desenvolvidos a finais de 2017), no
cronograma do proxecto programouse unha última xornada para materializar o punto final de
Co urbanismo nos talóns, coa devolución das súas conclusións prácticas, e o acto inicial da comunidade de aprendizaxe, se así o entenden oportuno as persoas participantes, como xerme dalgún tipo de organización veciñal xa autónoma.
A xornada, que está aberta a calquera persoa directamente afectada polo PXOM ou simplemente interesada no urbanismo ou na cidade, constará así de dúas partes moi diferenciadas que, en resumo, poden sintetizarse como o traballo sobre as seguintes preguntas desde a perspectiva das veciñanzas: que podemos facer? e como nos organizamos?
|
1.- Devolución e debate sobre as conclusións prácticas do proxecto
|
17:00 - 18:00h
|
|
Exposición detallada dos resultados finais da investigación centrada principalmente nas posibles vías de traballo para enfrontarse de xeito práctico ao problema da presión urbanística e o desprazamento de veciñanzas. Tras a presentación da investigación realizada, abrirase un tempo de debate e resolución de dúbidas coas persoas participantes.
|
|
2.- Debate colectivo sobre a continuidade da comunidade de aprendizaxe
|
18:00 - 19:30h
|
|
Tempo para a reflexión e o debate das veciñanzas afectadas sobre as posibilidades de continuidade da comunidade de aprendizaxe e práctica. O espazo de debate será máis informal que nos dous encontros anteriores (desta volta non haberá persoas externas invitadas nin será gravado), de xeito que os veciños e veciñas participantes poidan falar e facer as preguntas que consideren oportunas coa máxima comodidade. Por outra parte, ademais das cuestións que xurdan espontaneamente, desde a organización levarase unha copia impresa da documentación producida no proxecto e compartida na páxina web (cos planos en gran formato para que poidan ser útiles en procesos de traballo colectivo), así como os contactos das persoas afectadas que cubriron a ficha nos encontros, e nese espazo de debate terase que decidir como se quere xestionar esa información común entre as veciñanzas afectadas.
|
2.- Crónica posterior
Na xornada final-inicial participamos 23 persoas: 4 persoas da organización e 19 veciños e veciñas da cidade, a maioría de barrios e lugares afectados polo PXOM como Penamoa, Monte Mero, A Pereiroa (Elviña) ou Eirís de Arriba.