O oleoduto da Coruña: un espazo urbano do presente

Artigo publicado no libro Camiño negro - Damián Ucieda, unha publicación de Damián Ucieda e Juan de Nieves, con deseño editorial de Mela Dávila e editada pola Fundación María José Jove e Turner en febreiro de 2022.

A versión en galego do artigo pódese consultar no propio libro, mais permitíronnos compartir a versión en castelán maquetada do mesmo xeito que na publicación e coas fotografías de Damián Ucieda que o acompañan:

Presentación do libro Camiño negro - Damián Ucieda

O 31 de marzo de 2022 participamos na presentación do libro Camiño negro - Damián Ucieda na Librería Formatos (A Coruña) xunto a Damián Ucieda (o autor do proxecto fotográfico no que se basea a publicación), Juan de Nieves (o comisario da exposición e coordinador do libro xunto ao autor das imaxes) e Susana González (a directora da Colección de Arte Fundación María José Jove).

A nosa intervención foi unha pequena introdución ao artigo publicado e ao papel que desenvolve a fotografía desde mediados do século XX no descubrimento e no debate arredor dos espazos e usos informais na cidade contemporánea. Desde esta perspectiva fotográfica, as dúas referencias que máis comentamos pola importancia que tiveron no noso traballo foron o artigo "Terrain Vague" de Ignasi de Solá-Morales (1995) e a serie "Sundays (Barcelona Pictures)" de Xabier Ribas (1994-1997).