1º Roteiro: San Xosé - O Portiño
Última actualización (Versión): 15/11/2017 (V.01)
1.- Información previa
O primeiro roteiro desenvolverase o sábado 28 de outubro de 2017 (a partir das 10:30h) na zona norte do municipio, entre San Xosé e O Portiño.


Cartel do primeiro roteiro #CoUrbanismoNosTalóns: San Xosé - O Portiño
|
O percorrido será o definido no cartel e na seguinte táboa, mais os horarios son aproximados, xa que dependerán da intensidade das conversas que se poidan xerar coas veciñanzas dos lugares visitados.
| Saída |
Parada de bus "Refinería" (Liña 6)
Estrada AC-415, S/N (San Xosé) OpenStreetMap | Google Street View |
10:30h |
| 1ª parada | San Xosé (estrada AC-415) | ≈ 10:40h |
| 2ª parada | A Moura (avenida de Finisterre, a carón do almacén de "Patatas Gómez") | ≈ 10:55h |
| 3ª parada | A Fontenova (avenida de Finisterre, a carón do restaurante "O recodo da Grela") | ≈ 11:05h |
| 4ª parada | A Silva de Abaixo (avenida de Finisterre) | ≈ 11:20h |
| 5ª parada | A Silva de Arriba (ao norte do Centro Cívico A Silva) | ≈ 11:35h |
| 6ª parada | Penamoa (ao sur do núcleo, a carón da canteira de Mesejo) | ≈ 11:50h |
| 7ª parada | A Gramela (camiño de Visma á Gramela) | ≈ 12:05h |
| 8ª parada | Loureiro (rúa Loureiro, San Pedro de Visma) | ≈ 12:25h |
| 9ª parada | Catro Ventos (rúa Catro Ventos, San Pedro de Visma) | ≈ 12:35h |
| 10ª parada | A Pedra da Barca (encontro entre as estradas do Portiño e dos Fortes) | ≈ 12:45h |
| 11ª parada | O Campanario (a carón do busto ao padre Villa) | ≈ 13:00h |
| 12ª parada | O Portiño (a carón do bar "O Portiño", Monte de San Pedro) | ≈ 13:25h |
| 13ª parada | O Portiño (a carón do peirao, Porto de San Pedro de Visma) | ≈ 13:50h |
|
||
2.- Crónica posterior
Neste primeiro roteiro participamos 19 persoas de forma máis e menos continua ao longo do percorrido (catro delas da organización), e reunímonos con 24 veciños e veciñas nos lugares nos que fomos facendo paradas comentadas. Pódese consultar unha información máis detallada sobre os datos de participación no Anexo: Participación. Por outra parte, o percorrido final do roteiro foi o definido a continuación (mapa e táboa):
| Paradas | Lugares | Nº de veciñxs participantes |
| 1ª parada | San Xosé (estrada AC-415) | 2 |
| 2ª parada | A Moura (avenida de Finisterre, a carón do almacén de "Patatas Gómez") | 0 |
| 3ª parada | A Fontenova (avenida de Finisterre, a carón do restaurante "O recodo da Grela") | 2 |
| 4ª parada | A Silva de Abaixo (avenida de Finisterre) | 2 |
| 5ª parada | A Silva de Arriba (ao norte do Centro Cívico A Silva) | 0 |
| 6ª parada | Canteira de Mesejo (rúa Lugar Penamoa) | 0 |
| 7ª parada | Penamoa (rúa Lugar Penamoa, ao sueste do núcleo) | 8 |
| 8ª parada | A Gramela (camiño de Visma á Gramela) | 0 |
| 9ª parada | Loureiro (rúa Loureiro, San Pedro de Visma) | 0 |
| 10ª parada | A Pedra da Barca (estrada dos Fortes) | 0 |
| 11ª parada | A Pedra da Barca (encontro entre as estradas do Portiño e dos Fortes) | 5 |
| 12ª parada | O Campanario (a carón do busto ao padre Villa) | 1 |
| 13ª parada | O Portiño (a carón do bar "O Portiño", Monte de San Pedro) | 1 |
| 14ª parada | O Portiño (a carón do peirao, Porto de San Pedro de Visma) | 3 |
| TOTAL | 24 | |
|
||
Como mostra do ambiente vivido e dos territorios atravesados neste primeiro roteiro pódense ver as fotografías realizadas durante o seu desenvolvemento, neste álbum de Flikr, e quedan recompilados a seguir os tweets publicados:
Comezamos o roteiro! #CoUrbanismoNosTalóns pic.twitter.com/xr3hR8Yhke
— Ergosfera (@ergosfera_org) 28 de octubre de 2017
Fontenova #CoUrbanismoNosTalóns, falando coas veciñanzas afectadas. pic.twitter.com/ic9XT7ne0n
— Ergosfera (@ergosfera_org) 28 de octubre de 2017
ey, que @ergosfera_org anda de roteiro pola Coruña#CoUrbanismoNosTalóns https://t.co/VakIvPlWkz
— furallefalle (@furallefalle) 28 de octubre de 2017
A Silva de Abaixo #CoUrbanismoNosTalóns. Banco autoconstruído pola xente ante a paralización do barrio ata o seu desenvolvemento urbanístico pic.twitter.com/oJwPiXGRAr
— Ergosfera (@ergosfera_org) 28 de octubre de 2017
A Silva de Arriba #CoUrbanismoNosTalóns. Pequenos recunchos e rúas que complexizan a urbanidade da cidade pic.twitter.com/hH6rrYPEfR
— Ergosfera (@ergosfera_org) 28 de octubre de 2017
Penamoa #CoUrbanismoNosTalóns. Moita xente interesada á que nunca se lle consultou sobre o futuro do seu barrio pic.twitter.com/ycDrzPTMJy
— Ergosfera (@ergosfera_org) 28 de octubre de 2017
A Gramela #CoUrbanismoNosTalóns. Espazo singular, de memoria preindustrial e de calma, a carón da densidade da Agra do Orzán pic.twitter.com/cGuklWT6a5
— Ergosfera (@ergosfera_org) 28 de octubre de 2017
Pedra da Barca #CoUrbanismoNosTalóns. Incertidume sobre o futuro das súas vivendas, a forma de vida de moitas comunidades na Coruña pic.twitter.com/H7CaaJIihe
— Ergosfera (@ergosfera_org) 28 de octubre de 2017
O Portiño ou Porto de San Pedro #CoUrbanismoNosTalóns. Fin do roteiro nun espazo espectacular, 100% peonil e evoluído das formas produtivas pic.twitter.com/9gmZfUVRaG
— Ergosfera (@ergosfera_org) 28 de octubre de 2017
O roteiro de onte introduciunos na diversidade de situacións e achegamentos ao PXOM da cidadanía. Aquí, O Campanario #CoUrbanismoNosTalóns pic.twitter.com/kkWQ3MXsuL
— Ergosfera (@ergosfera_org) 29 de octubre de 2017
