1º Encontro: Xornada de recoñecemento das comunidades veciñais e de diálogo cos saberes expertos
Última actualización (Versión): 22/12/2017 (V.03)
1.- Información previa
O primeiro encontro desenvolverase o venres 24 de novembro de 2017 (a partir das 19:15h) no Centro Cívico A Silva (Lugar A Silva de Arriba, 19).

Cartel do primeiro encontro #CoUrbanismoNosTalóns
|
A xornada, que está aberta a calquera persoa directamente afectada polo PXOM ou simplemente interesada no urbanismo ou na cidade, constará das seguintes partes:
| 1.- Presentación do proxecto e introdución aos encontros | 19:15 - 19:40h |
| Presentación do proxecto Co urbanismo nos talóns, exposición das conclusións dos estudos previos realizados ata o momento, e introdución aos obxectivos e actividades dos dous encontros públicos programados. | |
| 2.- Presentación e recoñecemento colectivo das veciñanzas afectadas | 19:40 - 20:00h |
| Presentación colectiva das veciñanzas afectadas que participen no encontro. Primeira representación da condición colectiva do problema e da composición da comunidade, por agora virtual, de veciños e veciñas afectadas polos novos desenvolvementos urbanísticos previstos no PXOM da Coruña de 2013. | |
| 3.- Diálogo cos saberes expertos | 20:00 - 21:00h |
| Mesa de debate-entrevista con tres persoas expertas e con coñecementos técnicos sobre cuestións consideradas de máximo interese para as persoas afectadas: a lectura do territorio e do urbanismo da Coruña desde a teoría e desde a práctica (Enrique Seoane), o complexo contexto lexislativo no que opera o urbanismo e, polo tanto, a maioría das prácticas populares de resistencia (María Domínguez), e a conformación de movementos e comunidades sociais arredor de problemas e realidades compartidas (Carlos Diz). | |
| 4.- Mesas de traballo colectivo | 21:00 - 22:00h |
| Segundo como se desenvolvan os tempos dedicados aos tres primeiros bloques (que dependerán moi directamente do número de persoas participantes e do funcionamento da mesa de debate-entrevista), compoñeranse mesas de traballo colectivo coas comunidades afectadas e as persoas expertas invitadas, co obxectivo de resolver dúbidas e comezar a imaxinar vías iniciais de traballo para a comunidade de aprendizaxe e práctica. | |
2.- Crónica posterior
Neste primeiro encontro participamos 50 persoas: 6 persoas da organización, as 3 persoas invitadas para o diálogo cos saberes expertos, e 41 veciños e veciñas da cidade, a maioría dos barrios e lugares afectados polo PXOM. Pódese consultar unha información máis detallada sobre os datos de participación no Anexo: Participación.
Con respecto ao programa formulado, a única variación sensible foi a eliminación da última das actividades programadas, as mesas de traballo colectivo, xa que o diálogo cos saberes expertos funcionou moi ben (as veciñanzas participaron intensamente no debate facendo preguntas e comentarios desde case o primeiro momento), polo que se tomou a decisión de alargalo e rematar a xornada deste xeito.
Como mostra do ambiente vivido neste primeiro encontro pódense ver as fotografías realizadas durante o seu desenvolvemento, neste álbum de Flikr, e quedan recompilados a seguir os tweets publicados:
No 1º Encontro #CoUrbanismoNosTalóns, recordando o traballo #CousaDeElviña, a orixe deste proxecto. Pódese consultar toda a información aquí: https://t.co/IsPnJ4J7uc pic.twitter.com/Jwn30ElYfs
— Ergosfera (@ergosfera_org) 24 de noviembre de 2017
No 1º Encontro #CoUrbanismoNosTalóns, presentando o mapa dos 70 barrios ou lugares e dos 97 ámbitos de transformación conremplados no PXOM da Coruña que implican eliminación de vivendas pic.twitter.com/ZDLKuKgaY9
— Ergosfera (@ergosfera_org) 24 de noviembre de 2017
No 1º Encontro #CoUrbanismoNosTalóns, comezando a presentación das veciñanzas, un momento de recoñecemento da condición colectiva do problema da presión urbanística na Coruña pic.twitter.com/aGOYi0EdOK
— Ergosfera (@ergosfera_org) 24 de noviembre de 2017
No 1º Encontro #CoUrbanismoNosTalóns, xa dialogando cos saberes expertos invitados: o antropólogo Carlos Diz, a avogada María Domínguez e o urbanista Enrique Seoane pic.twitter.com/saf7vpBlna