2º Roteiro: O Martinete - Agra dos Mallos
Última actualización (Versión): 15/11/2017 (V.01)
1.- Información previa
O segundo roteiro desenvolverase o sábado 4 de novembro de 2017 (a partir das 10:30h) na zona centro do municipio, entre O Martinete e a Agra dos Mallos.


Cartel do segundo roteiro #CoUrbanismoNosTalóns: O Martinete - Agra dos Mallos
|
O percorrido será o definido no cartel e na seguinte táboa, mais os horarios son aproximados, xa que dependerán da intensidade das conversas que se poidan xerar coas veciñanzas dos lugares visitados.
| Saída |
Parada de bus "Pocomaco, O Martinete" (Liñas 21 e 23A)
Estrada DP-0512, S/N (O Martinete) OpenStreetMap | Google Street View |
10:30h |
| 1ª parada | O Martinete (entre As Rañas e Pocomaco, a carón da estrada AC-14) | ≈ 10:35h |
| 2ª parada | Ramallos (ao sur da avenida García Sabell) | ≈ 10:55h |
| 3ª parada | Ramallos (ao norte da avenida García Sabell) | ≈ 11:05h |
| 4ª parada | O Martinete (zona sureste do núcleo, a carón da estrada DP-3004) | ≈ 11:25h |
| 5ª parada | Cadaveiras (encontro entre a rúa Lamelas e a estrada DP-3004) | ≈ 11:40h |
| 6ª parada | A Cabana (estrada DP-3004, fronte ao mesón "O'Pendello") | ≈ 11:55h |
| 7ª parada | O Martinete (estrada DP-0512, fronte ao edificio "Residencial El Birloque") | ≈ 12:10h |
| 8ª parada | O Martinete (entre as naves do complexo industrial e terciario "Droga Conde") | ≈ 12:25h |
| 9ª parada | Orra (rúa Blanco White, a carón da avenida de Enrique Salgado Torres) | ≈ 12:50h |
| 10ª parada | Marzán (rúa Blanco White, a carón da avenida do Ferrocarril) | ≈ 13:05h |
| 11ª parada | Agra de San Cristovo (avenida do Ferrocarril, fronte ao edificio "Trébole") | ≈ 13:20h |
| 12ª parada | Agra dos Mallos (rúa Agra dos Mallos) | ≈ 14:00h |
| 13ª parada | Agra dos Mallos (esquina da avenida dos Mallos coa rúa Puerto Rico) | ≈ 14:15h |
|
||
2.- Crónica posterior
Neste segundo roteiro participamos 11 persoas de forma máis e menos continua ao longo do percorrido (catro delas da organización), e reunímonos con 27 veciños e veciñas nos lugares nos que fomos facendo paradas comentadas. Pódese consultar unha información máis detallada sobre os datos de participación no Anexo: Participación. Por outra parte, o percorrido final do roteiro foi o definido a continuación (mapa e táboa):
| Paradas | Lugares | Nº de veciñxs participantes |
| 1ª parada | O Martinete (entre As Rañas e Pocomaco, a carón da estrada AC-14) | 2 |
| 2ª parada | Ramallos (ao sur da avenida García Sabell) | 4 |
| 3ª parada | Ramallos (ao norte da avenida García Sabell) | 5 |
| 4ª parada | Cadaveiras (encontro entre a rúa Lamelas e a estrada DP-3004) | 0 |
| 5ª parada | A Cabana (estrada DP-3004, fronte ao mesón "O'Pendello") | 2 |
| 6ª parada | O Martinete (estrada DP-0512, fronte ao edificio "Residencial El Birloque") | 0 |
| 7ª parada | O Martinete (entre as naves do complexo industrial e terciario "Droga Conde") | 2 |
| 8ª parada | Orra (rúa Blanco White, a carón da avenida de Enrique Salgado Torres) | 4 |
| 9ª parada | Marzán (rúa Blanco White, a carón da avenida do Ferrocarril) | 2 |
| 10ª parada | Agra de San Cristovo (avenida do Ferrocarril, fronte ao edificio "Trébole") | 2 |
| 11ª parada | Agra dos Mallos (rúa Agra dos Mallos) | 4 |
| 12ª parada | Agra dos Mallos (esquina da avenida dos Mallos coa rúa Puerto Rico) | 0 |
| TOTAL | 27 | |
|
||
Como mostra do ambiente vivido e dos territorios atravesados neste segundo roteiro pódense ver as fotografías realizadas durante o seu desenvolvemento, neste álbum de Flikr, e quedan recompilados a seguir os tweets publicados:
Nuns minutos comezamos o 2° roteiro #CoUrbanismoNosTalóns, un paseo pola cidade en transformación entre O Martinete e a Agra dos Mallos pic.twitter.com/uaqimY7Xka
— Ergosfera (@ergosfera_org) 4 de noviembre de 2017
O Martinete (cara As Rañas e a carón da Terceira Ronda) #CoUrbanismoNosTalóns. A vida urbana entre as grandes infraestruturas metropolitanas pic.twitter.com/4ZSXPj4VOR
— Ergosfera (@ergosfera_org) 4 de noviembre de 2017
Ramallos #CoUrbanismoNosTalóns. Espazos esquecidos entre o mundo infraestrutural e xente sen información sobre o seu futuro urbanístico pic.twitter.com/UebjCcTuVH
— Ergosfera (@ergosfera_org) 4 de noviembre de 2017
Agra dos Ramallos ou Cadaveira #CoUrbanismoNosTalóns. Descubrindo os microtopónimos que persisten entre as liñas infraestruturais pic.twitter.com/GWoVtxvI9S
— Ergosfera (@ergosfera_org) 4 de noviembre de 2017
Cadaveiras #CoUrbanismoNosTalóns. Moitas vivendas tamén en réxime de aluguer. A cidade non é só cousa de xente propietaria como din as leis pic.twitter.com/vxUxgxG4Ak
— Ergosfera (@ergosfera_org) 4 de noviembre de 2017
A Cabana #CoUrbanismoNosTalóns. As potencias da mestura de grandes equipamentos, novos edificios residenciais e núcleos de orixe rural pic.twitter.com/Dj06a6V9p5
— Ergosfera (@ergosfera_org) 4 de noviembre de 2017
Entre O Martinete de Arriba e O Birloque #CoUrbanismoNosTalóns. Parcelario de orixe preindustrial complexizando unha estrada-rúa galega pic.twitter.com/Iq3C1AMHc6
— Ergosfera (@ergosfera_org) 4 de noviembre de 2017
O Martinete #CoUrbanismoNosTalóns. Enclave residencial agochado entre o tecido industrial. Complexidade urbana que paga a pena preservar pic.twitter.com/GrqJwwBUWu
— Ergosfera (@ergosfera_org) 4 de noviembre de 2017
Orra #CoUrbanismoNosTalóns. Vivendas en réxime de propiedade, aluguer e abandoadas. Diversidade que complementa aos novos barrios de torres pic.twitter.com/Fka12tfznL
— Ergosfera (@ergosfera_org) 4 de noviembre de 2017
Marzán #CoUrbanismoNosTalóns. O pequeno fronte á ampliación das vías de ferrocarril e veciñanzas sen confianza na súa necesidade técnica. pic.twitter.com/RzmUNwrfKe
— Ergosfera (@ergosfera_org) 4 de noviembre de 2017
Agra de San Cristovo #CoUrbanismoNosTalóns. Caso representativo dun planeamento que fomenta o papel dos promotores fronte ao das veciñanzas pic.twitter.com/mcc24kGAK3
— Ergosfera (@ergosfera_org) 4 de noviembre de 2017
Agra dos Mallos #CoUrbanismoNosTalóns. Rematamos nun lugar moi especial que demostra que se pode mudar o planeamento e preservar o existente pic.twitter.com/YzuPWmntQF
— Ergosfera (@ergosfera_org) 4 de noviembre de 2017
Unha vivenda #CoUrbanismoNosTalóns e que resume nun só lugar toda unha historia urbana: Patrimonio de máxima relevancia para a cidade pic.twitter.com/E2t8ZyVI19
— Ergosfera (@ergosfera_org) 4 de noviembre de 2017
Fascinantes os roteiros de #courbanismonostalóns de @ergosfera_org Moitas coruñas nunha pic.twitter.com/cDQMRirLnZ
— Marcos Pérez Pena (@marcosperezpena) 5 de noviembre de 2017
